Grupo Consumo GDR-20
Proxectos
As Asociacións
Novas
Outras Axudas
Accesibilidade
CONSTRUCIÓN DE NAVE PARA PROCESADO DE BIOMASA A PARTIR DE RESTOS AGRÍCOLAS E MONTE BAIXO
Título: CONSTRUCIÓN DE NAVE PARA PROCESADO DE BIOMASA A PARTIR DE RESTOS AGRÍCOLAS E MONTE BAIXO
Data e localización: San Pedro de Ancorados (A Estrada)
Promotor: José Antonio Neira Ribadavia
Descrición e obxetivos
A necesidade desta construción é a de contar cunhas instalacións axeitadas para o desenvolvemento da actividade de proceso de biomasa a partir de restos vexetais agrícolas e de monte baixo, xa que esta actividade vese totalmente condicionada, sobre todo na época de inverno, para ser desenvolvida ao aire libre.
É necesaria, polo tanto a construción dunha nave que sirva de medio de protección para o desenvolvemento da actividade de procesado de biomasa, o seu almacenamento protexido da chuvia e o albergue de medios de ensacado e expedición (tanto a granel coma en sacos).
O proceso produtivo e polo tanto a actividade a desenvolver encaixa no estipulado no artigo 33º da Lei 9/2002, punto 2 sobre actividades e usos construtivos a autorizar en chan rústico.
O alcance do proxecto pode concretarse a xeito de resumo en:
• Movemento de terras previo unicamente necesario para as bases de cimentación (escavación para zapatas e vigas de atado) a partir dunha situación actual de terreo chan.
• Construción de nave aberta por un testeiro e un lateral, e semi-pechada polas outras dúas caras. Nave totalmente diáfana salvo con dúas pequenas compartimentacións interiores para local de oficina e para aseo. No seu interior o proceso produtivo será lineal: entrada de materia prima, clasificación, mesturado, cribado (con separación de partes máis groseiras ou leñosas, as cales se venderán como biomasa), almacenamento de produto elaborado, o seu ensacado (en parte) e expedición (a granel e envasado).
• Cerramento da parcela.
A situación do proxecto no terreo en que se pretende levar a cabo ten xustificación plena baseándose nos seguintes condicionantes:
• Trátase dunha parcela que, unha vez realizada a agrupación, presenta unhas dimensións suficientes para a carga urbanística que se pretende.
• É a única coa que conta en propiedade o promotor para poder acometer a obra.
• Dispón de acceso rodado, cunha fronte ancha a vía asfaltada. A devandita estrada asfaltada comunica coa estrada N-640 que une A Estrada e Silleda, o que a sitúa nunha paraxe con boa comunicación por estrada.
• Posibilidade doada de acometida eléctrica, apenas a 50 m. dun transformador e con liña eléctrica na propia fachada que dá á estrada asfaltada.
• Posibilidade doada de acometida de auga, de abastecemento propio, entendéndose como tal a instalación de auga dende a vivenda do promotor, situada moi preto da parcela.
• A propia proximidade á vivenda do promotor facilita a actividade, o acceso de maquinaria propia da explotación familiar, a vixilancia das instalacións, etc.
• Atópase nun ámbito tipicamente rural, con construcións dispersas tanto de vivendas coma de alpendres ou anexos ás mesmas, así como naves ou granxas, mesmo de galiñas a curta distancia.
Pola súa banda, a situación da construción da nave dentro da parcela é a máis idónea, situada en sentido lonxitudinal a un dos extremos tamén de maior lonxitude, en paralelo a este, e estratexicamente situada para que quede abrigada dos ventos dominantes (protexida ademais polos devanditos extremos mediante muro até 2 metros e malla cortaventos dende este até o aleiro). Evítase con iso posibles arrastres de po a causa do vento.
Ao colocar un dos lados curtos dando fronte á estrada asfaltada pola cal se accede, minimizamos o impacto visual (vista principal). Ademais toda a fronte da devandita parcela que dá á estrada e parte da que dá ao camiño público (até o portal) será pechada mediante barreira vexetal a base de plantas de tuia ou similar. De igual xeito, o terreo será pechado por unha valla cinexética de 1,55 m. de altura en todo o seu perímetro, gardando os recuamentos.
Orzamento:
Este proxecto ten un investimento de 340.835,23 euros e acada no baremo 68 puntos, polo que ten unha porcentaxe de axuda de 43,75 % (149.115 euros).
Fala o promotor: (Vídeos/Fotos)
Cesta da compra
Your Cart is currently empty. Calendario Eventos
Últimos Eventos
- CONVOCATORIA DA MESA MEDIO AMBIENTE, SOSTENIBILIDADE, CAZA E PESCA
August 04, 2010 (All Day) - CONVOCATORIA DA MESA SECTORIAL DE FORESTAL
August 05, 2010 (All Day) - CONVOCATORIA DA MESA SECTORIAL DE TURISMO
August 05, 2010 (All Day) - CONVOCATORIA DA MESA SECTORIAL EMPRESARIAL, COMERCIO E ARTESANÍA
August 05, 2010 (All Day) - CONVOCATORIA DA MESA SECTORIAL INSTITUCIONAL
August 06, 2010 (All Day) - VERBO XIDO PREPARA A HOMENAXE A FRANCISCO ARCA VALIÑAS E SECUNDINO BUGALLO IGLESIAS
August 13, 2010 (21:00 - 22:00) - REUNIÓN INFORMATIVA DA MESA VECIÑAL
October 15, 2010 (21:00 - 21:30) - CONGRESO DE TURISMO TERMAL
March 02, 2011(1:00) - March 06, 2011 (1:00) - FESTA DE ENTROIDO EN MESEGO
March 04, 2011(23:45) - March 08, 2011 (00:45) - GRUPO DE CONSUMO
June 23, 2011 (All Day)





