Grupo Consumo GDR-20
Proxectos
As Asociacións
Novas
Outras Axudas
Accesibilidade
CREACIÓN DUNHA REDE DE CUSTODIA FLUVIAL NAS CUNCAS DOS RÍOS ULLA UMIA E LÉREZ
Título: CREACIÓN DUNHA REDE DE CUSTODIA FLUVIAL NAS CUNCAS DOS RÍOS ULLA, UMIA E LÉREZ
Data e localización: Todo o territorio do GDR
Promotor: Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza
Descrición e obxetivos
Este proxecto pretende achegar solucións á deterioración dos ecosistemas fluviais, empregando novas ferramentas de participación e xestión do medio, nomeadamente a custodia do territorio. A cesión de parcelas en custodia do territorio é unha nova e crecente estratexia de conservación, que fomenta a participación e pon en contacto a diferentes actores e fainos partícipes dun proxecto común: a conservación da nosa paisaxe e do noso patrimonio natural e cultural. Así mesmo, o proxecto pretende poñer en valor os ríos como espazo fundamental para un desenvolvemento endóxeno e sustentábel. Os ríos das duas comarcas poden e deben ter un papel fundamental no desenvolvemento destas e recupera a importancia que tiveron noutros tempos.
O proxecto permitirá a creación de redes, aproveitando o tecido e entramado que conforman os ríos na paisaxe galega para asentar nas comarca de Caldas e Terras de Montes un tecido social en torno aos ríos e que asegure un coidado do entorno.
A comarca de Caldas está situada no extremo noroeste da provincia de Pontevedra, linda ao norte coa provincia da Coruña, polo leste coa comarca Tabeirós-Terra de Montes, polo sur coa comarca urbana de Pontevedra e polo oeste co Salnés e a ría de Arousa. Está formada polos concellos de Caldas de Reis, Catoira, Valga, Moraña, Cuntis, Pontecesures e Portas e abarca un total de 289 Km2 cun total de 35.000 hab.
As augas de dous ríos, o Ulla polo norte e o Umia un pouco máis ao sur, identifican a estas terras percorréndoas nos seus tramos finais para aportar o seu caudal á ría de Arousa, á que se asoma a comarca polo municipio de Catoira. A Comarca de Tabeirós-Terras de Montes está situada no norte da provincia de Pontevedra, entre as terras do Deza polo leste e as comarcas litorais polo oeste, ocupando unha extensión de 529 km, formada por tres concellos A Estrada, Cerdedo, Forcarei, contando con 29.141 hab.
Como obxectivo marcan a creación de tres proxectos de custodia fluvial, un por bacía. Nesta fase a participación das entidades colaboradoras (O Fervedoiro, a Asociación de Defensa do Val do Liñares, a Asociación Verbo Xido e A Xesteira), será fundamental, e intentarase promover proxectos de custodia fluvial para o que se adicará unha partida orzamentaria específica. Reservaranse 36000€ para investir en diversas infraestruturas ou creación de roteiros, plantacións, limpezas de río, etc.
Orzamento:
Este proxecto ten un investimento de 81.980€ euros e acada no baremo 64 puntos, polo que ten unha porcentaxe de axuda de 77,6 % (63.616,48 euros).
Fala o promotor: (Vídeos/Fotos)
Cesta da compra
Your Cart is currently empty. Calendario Eventos
Últimos Eventos
- CONVOCATORIA DA MESA MEDIO AMBIENTE, SOSTENIBILIDADE, CAZA E PESCA
August 04, 2010 (All Day) - CONVOCATORIA DA MESA SECTORIAL DE FORESTAL
August 05, 2010 (All Day) - CONVOCATORIA DA MESA SECTORIAL DE TURISMO
August 05, 2010 (All Day) - CONVOCATORIA DA MESA SECTORIAL EMPRESARIAL, COMERCIO E ARTESANÍA
August 05, 2010 (All Day) - CONVOCATORIA DA MESA SECTORIAL INSTITUCIONAL
August 06, 2010 (All Day) - VERBO XIDO PREPARA A HOMENAXE A FRANCISCO ARCA VALIÑAS E SECUNDINO BUGALLO IGLESIAS
August 13, 2010 (21:00 - 22:00) - REUNIÓN INFORMATIVA DA MESA VECIÑAL
October 15, 2010 (21:00 - 21:30) - CONGRESO DE TURISMO TERMAL
March 02, 2011(1:00) - March 06, 2011 (1:00) - FESTA DE ENTROIDO EN MESEGO
March 04, 2011(23:45) - March 08, 2011 (00:45) - GRUPO DE CONSUMO
June 23, 2011 (All Day)





