Web de Ulla Umia Lerez

MELLORA DO SERVIZO DE TRANSPORTE ADAPTADO


Vostede está en: Inicio Listado de Proxectos MELLORA DO SERVIZO DE TRANSPORTE ADAPTADO

As Asociacións

Accesibilidade


MELLORA DO SERVIZO DE TRANSPORTE ADAPTADO

Print
E-mail
Wednesday, 24 August 2011 11:59
There are no translations available.

Título: Mellora do Servizo de Transporte Adaptado

Data e localización: Tabeirós - Terra de Montes

Promotor: COGAMI

Descrición e obxetivos

O proxecto desenvolverase na área xeográfica da comarca de Tabeirós - Terra de Montes.  A finalidade do proxecto será ampliar o servizo de transporte adaptado que ofrece a entidade para as súas usuarias e usuarios cun microbús adaptado con 16 prazas. O transporte adaptado será utlilzado maioritariamente polas usuarias e usuarios de COGAMI-Deza/Tabeirós-Montes para ser levados desde os seus domicilios á Aula de Guimarei para atender os cursos desenvolvidos pola entidade no marco das Accións de Educación para Adultos e Talleres Prelaborais (Escolas Unitarias, Avenida da Torre, s/n, Guimarei (A Estrada), e para asisitir ás actividades de Natación Terapéutica nas instalacións da Academia Galega de Seguridade Pública na Estrada (Avda. da Cultura, s/n, 36680, A Estrada).Polo tanto, os obxectivos do proxecto son os seguintes:

Obxectivo xeral: Contribuír á conseguir a plena inclusión laboral e social das persoas con discapacidade usuarias de COGAMI-Deza/Tabeirós-Montes.

Obxectivo específico:Asegurar a asistencia das persoas con discapacidade usuarias de COGAMI-Deza/Tabeirós-Montes ás actividades desenvolvidas pola mesma, a través da adquisición dun microbús adaptado.

O investimento que se vai realizar no seo do proxecto é a compra dun microbús adaptado con 16 prazas.

USOS PREVISTOS:
• Traslados diarios desde domicilio a lugares de celebración de actividades organizadas pola entidade COGAMI - Deza/Tabeirós-Montes, e de volta aso domicilios das usuarias e usuarios.
• Traslados puntuais a actividades culturais, de ocio, ..., dentro da área xeográfica da comarca de Tabeirós - Terra de Montes.
• Traslados puntuais para participar en actividades desenvolvidas en áreas xeográficas veciñas: comarcas de Deza e comarcas de Santiago.
• Todo uso que o persoal da entidade estime necesario e prioriatio para a boa realización das actividades desenvolvidas en favor das persoas con discapacidade.

DESTINATARIOS:
Os destinatarios directos do proxecto serán:
1. as usaurias e usuarios de COGAMI-Deza/Tabeirós-Montes. Actualmente, estamos a falar dun total de 31 persoas: 20, que asisten aos Obradoiros Prelaborais e aos cursos de Programa de Educación para Adultos, que se celebran na Aula de Formación de Guimarei (A Estrada); e 11, as cales asisten ás xornadas de natación terapéutica nas instalacións da Academia Galega de Seguridade Pública, na Estrada, e as súas familias.

2. e as usuarias e usuariospotenciais de COGAMI-Deza/Tabeirós-Montes. O perfil destas persoas que pertencen ao ámbito de actuación de COGAMI-Deza/Tabeirós-Montes concrétase na posesión do "Certificado de Minusvalía", segundo tipo, sexo e grao de discapacidade. Baseándonos nos datos do "Censo de Discapacitados do Servizo de Atención ao Minusválido (Dirección Xeral de Acción Social - Xunta de Galicia), o número de destinatarias e destinatarios é un total de 1.659 persoas con algún tipo de discapacidade.

Orzamento:

O investimento total ascende a 70.800 € obtivo 65 puntos no baremo polo que a porcentaxe de subvención quedaría nun 79% (55.932 €)

Fala o promotor: (Vídeos/Fotos)

 

 

Cesta da compra


Cesta vacia Your Cart is currently empty.

Calendario Eventos

January 2012
February 2012
Mo Tu We Th Fr Sa Su
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29

Últimos Eventos


Acceso Socios




 Logotipo do Programa FEADER  Logotipo da Conselleria do Medio Rural   AGADER: Axencia Galega de Desenvolvemento Rural   Logotipo do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino  Logotipo do FEADER: Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural  
© GDR ULLA UMIA LÉREZ CENTRO COMARCAL DE TABEIROS-TERRA DE MONTES  / Estrada PO-841, S/N, Toedo / 36682 A Estrada Pontevedra

Logotipo que simboliza o cumplimento da Normativa W3C CSSLogotipo que simboliza o cumplimento da Normativa W3C XHTML 1.0Logotipo que simboliza o cumplimento da Normativa W3C de accesibilidad Nivel AA

Tlfn: 986570458
Web: www.ullaumialerez.eu
Email:secretaria@ullaumialerez.eu
Aviso Legal
Diseño Web:Iterdata Networks