Grupo Consumo GDR-20
Proxectos
As Asociacións
Novas
Outras Axudas
Accesibilidade
MELLORAS NO CETMo A TRAVÉS DAS APLICACIÓN NTIC's
Título: MELLORAS NO CETMO A TRAVÉS DAS APLICACIÓN NTIC's
Data e localización: Soutelo de Montes ( Forcarei )
Promotor: Verbo Xido
Descrición e obxetivos
A proposta consiste na ampliación dos espazos virtuais do CETMo.
O Centro Etnográfico de Terra de Montes (CETMo) ten como obxectivo o estudo, conservación e divulgación da cultura material da comarca. A colección está composta de máis de 1200 pezas das que 740 están expostas.Este centro está localizado en Soutelo de Montes no concello de Forcarei.
Un dos obxectivos básicos é conseguir que o CETMo se converta nun espazo virtual de aí os investimentos en material audiovisual e informático. A través da páxina web os visitantes poderán consultar o catálogo e biblioteca de xeito gratuíto, tamén poderán facer visitas guiadas e consultar os fondos.
Tamén modernizarán un pouco máis o espazo expositivo actual, para iso colocaranse pequenas pantallas nas que se amosarán vídeos explicativos deseñados especialmente para o centro.
Mais toda este axeitamento ás novas tecnoloxías non será posíbel mentres non organicen o material que xa existe polo que é imprescindíbel a realización de inventarios e catálogos informáticos e a reestruturación do espazo a través do embalaxe das pezas que debemos retirar.
Tamén é preciso investir de novo na sinalización xa que se pretende organizar vistas virtuais e os cartaces que definen as pezas apenas son visíbeis e tampouco explican nada sobre a súa orixe, data, etc.
As actuacións a desenvolver consisten en traballar en diferentes ámbitos, por unha banda realizaranse actividades para mellorar a difusión e a divulgación do centro, sobre todo encamiñadas á elaboración e o investimento en materiais que facilitarían unha mellor compresión das coleccións expostas, e á difusión do coñecemento máis aló do espazo do CETMo, a través da aplicacións das NTIC´s.
Por outra banda, traballarase na ordenación de fondos de fondos museográficos, bibliográficos e arquivísticos, xa que a pesar de que o CETMo conta cunha biblioteca especializada en etnografía galega e de Terra de Montes, é preciso levar a cabo unha labor de ordenación de fondos que permita entre outras cousas, unha catalogación informática.
Detallamos máis os investimentos:
1. MATERIAL AUDIOVISUAL: A través do material audiovisual preténdese ampliar o contido do CETMo, de xeito que se poda conectar o material exposto no centro coa comarca e co resto de Galicia. Proxectaranse vídeos de temas etnográficos e históricos sobre Terra de Montes e Galicia, así como fotografías de paisaxes culturais, espazos e arquitecturas característicos de Terra de Montes (muíños, casas tradicionais, alvarizas, igrexas, ferrerías, etc.).
INVESTIMENTO: Proxector LCD, CPU con lector de DVD, pantalla de proxección.
2. MATERIAL EXPOSITIVO (SINALIZACIÓN) AXEITAMENTO PARA VISITAS VIRTUAIS: Faranse cartaces explicativos, que sexan vistosos e didácticos. En total, a idea é facer 11 carteis, que se correspondan coas diferentes áreas temáticas tratadas no CETMO (emigración, relixión, alcoba, nenez, oficios 1, 2 e 3, cociña e preparación de alimentos, agricultura e gandería). As dimensións dos carteis serán de 100 x 75 cm, sobre cartón pluma de 10 ou 15 mm. O tamaño, sen embargo, é variable dependendo do tema. Alén diso, imprimiranse fotografías a gran formato (95 x 65 cm) montadas en cartón pluma de 10 mm. Para posíbeis exposicións itinerantes.
INVESTIMENTO: realización dos carteis, fotografías, impresión carteis.
3. EMBALAXE PROFISIONAL DO MATERIAL NON EXPOSTO: A remodelación dos contidos museográficos implica que parte dos obxectos actualmente en exhibición terán que ser almacenados. Para a súa correcta preservación será necesario embalar as pezas en caixas de madeira etiquetadas con material de recheo e xel de sílice para a humidade.
INVESTIMENTO: Caixas de embalaxe de madeira con cantoneiras reforzadas e alvéolos preformados: (25 caixas) Xel de sílice macroporoso en bolsa desecante de polietileno (25 paquetes).
4. ELABORACIÓN DE INEVETARIO INFORMÁTICO DE PEZAS: Realización do inventario informático completo e detallado con fotografías das pezas do CETMo por parte dunha empresa especializada en patrimonio cultural. O CETMo conta na actualidade con 1.350 pezas.
INVESTIMENTO: realización de inventario.
5. CATÁLOGO ILUSTRADO E INFORMÁTICO: Elaborarase un libriño ilustrado de aproximadamente 50 páxinas (que en ningún caso se venderá), ordenado seguindo o discurso museográfico, cunha descrición das pezas máis sobranceiras e características. Formato DIN-A6 (3/4). A realización do libro (deseño e maquetación profesional) correrá a cargo dunha empresa de xestión do patrimonio cultural.
INVESTIMENTO: deseño e maquetación do catálogo e edición.
6. ORGANIZACIÓN DE ARQUIVO E BIBLIOTECA ONLINE: Realización dun base de datos para os documentos históricos conservados no CETMo e catálogo dos fondos bibliográficos a cargo dunha empresa de xestión do patrimonio cultural. A catalogación do fondo documental e bibliográfico permitirá o seu uso público por visitantes e investigadores. Ademais, adquiriranse mobles e arquivadores para almacenar correctamente os materiais.
INVESTIMENTO: realización de catálogo informático. 4 librerías e 2 mobles arquivadores.
Orzamento:
Este proxecto ten un investimento de 17.610,60 euros e acada no baremo 72 puntos, polo que ten unha porcentaxe de axuda de 88,80% (15.638,21 euros).
Fala o promotor: (Vídeos/Fotos)
Cesta da compra
Your Cart is currently empty. Calendario Eventos
Últimos Eventos
- CONVOCATORIA DA MESA MEDIO AMBIENTE, SOSTENIBILIDADE, CAZA E PESCA
August 04, 2010 (All Day) - CONVOCATORIA DA MESA SECTORIAL DE FORESTAL
August 05, 2010 (All Day) - CONVOCATORIA DA MESA SECTORIAL DE TURISMO
August 05, 2010 (All Day) - CONVOCATORIA DA MESA SECTORIAL EMPRESARIAL, COMERCIO E ARTESANÍA
August 05, 2010 (All Day) - CONVOCATORIA DA MESA SECTORIAL INSTITUCIONAL
August 06, 2010 (All Day) - VERBO XIDO PREPARA A HOMENAXE A FRANCISCO ARCA VALIÑAS E SECUNDINO BUGALLO IGLESIAS
August 13, 2010 (21:00 - 22:00) - REUNIÓN INFORMATIVA DA MESA VECIÑAL
October 15, 2010 (21:00 - 21:30) - CONGRESO DE TURISMO TERMAL
March 02, 2011(1:00) - March 06, 2011 (1:00) - FESTA DE ENTROIDO EN MESEGO
March 04, 2011(23:45) - March 08, 2011 (00:45) - GRUPO DE CONSUMO
June 23, 2011 (All Day)





