Grupo Consumo GDR-20
Proxectos
As Asociacións
Novas
Outras Axudas
Accesibilidade
POSTA EN VALOR DO PATRIMONIO NATURAL DA C.M.V.M.C. FIXÓ - PORTELA
Título: POSTA EN VALOR DO PATRIMONIO NATURAL DA C.M.V.M.C. FIXÓ - PORTELA
Data e localización: Fixó - Portela (Forcarei)
Promotor: C.M.V.M.C. Fixó - Portela
Descrición e obxetivos
A zona obxecto de estudo está situada no M.V.M.C de Fixó - Portela sito na parroquia de Millerada, no concello de Forcarei, comarca da Tabeirós - Terra de Montes e provincia de Pontevedra.
Circunscrito no partido xudicial de A Estrada, inclúese no Distrito Forestal XVI “Deza - Tabeirós” e na comarca xeoforestal Costa Atlántica do Plan Forestal de Galicia.
O monte de Fixó - Portela, foi declarado como Monte Veciñal en Man Común en resolución do Xurado de Montes de Pontevedra, sendo asignada a súa propiedade xurídica ós veciños do lugar de Fixó - Portela. A superficie clasificada polo Xurado Provincial do monte veciñal ascende a 422 Ha.
A práctica totalidade do M.V.M.C de Fixó-Portela está integrado no espazo natural “Serra do Candán”, incluído na Rede Natura 2000 e na Rede Galega de Espazos Protexidos na categoría de Zona de Especial Protección dos Valores Naturais. A súa inclusión foi motivada pola existencia de notables extensións de matogueiras (Ulici minoris-Ericetum umbellatae; Ulici europaei-Ericetum cinereae; Ulici europaei-Cytisetum striati) xunto con pequenas carballeiras de Quercus robur e bosques aluviais residuais, as significativas superficies de herbazais con afloramentos rochosos e a probable presencia dun núcleo reproductor de lobo. Os incendios forestais e a introducción de especies alóctonas considéranse as principais ameazas.
A existencia do pobo abandonado de Grobas e de elementos culturais como as mámoas e as neveiras enclavadas en un entorno de alto valor paisaxístico converten a esta zona nun lugar moi visitado e de gran atractivo para os amantes dos valores naturais e culturais da nosa terra.
O obxectivo fundamental do presente proxecto é a conservación e a posta en valor do patrimonio natural, paisaxístico e etnográfico do M.V.M.C de Fixo-Portela, así como o fomento do uso social e recreativo do monte, mellorando a oferta de actividades de lecer e, deste xeito, a calidade de vida dos habitantes da zona. Con tal fin, proxéctase a apertura dun sendeiro que conducirá aos visitantes ata os elementos de maior valor etnográfico e paisaxístico do monte (neveiras, mámoa de Rofete, miradoiro de Grobas e muíño do Porto).
ACTUACIÓNS PREVISTAS:
1. Acondicionamento e apertura de sendeiro.
2. Rehabilitación do muíño do porto.
3. Sinalización.
4. Actuacións de interpretación e divulgación.
5. Consolidación de carballeira.
Orzamento:
Este proxecto ten un investimento total de 137.931,87 €, acada 64 puntos no baremo polo que obtén unha porcentaxe de subvención de 70 % (96.552,31 €).
Fala o promotor: (Vídeos/Fotos)
Cesta da compra
Your Cart is currently empty. Calendario Eventos
Últimos Eventos
- CONVOCATORIA DA MESA MEDIO AMBIENTE, SOSTENIBILIDADE, CAZA E PESCA
August 04, 2010 (All Day) - CONVOCATORIA DA MESA SECTORIAL DE FORESTAL
August 05, 2010 (All Day) - CONVOCATORIA DA MESA SECTORIAL DE TURISMO
August 05, 2010 (All Day) - CONVOCATORIA DA MESA SECTORIAL EMPRESARIAL, COMERCIO E ARTESANÍA
August 05, 2010 (All Day) - CONVOCATORIA DA MESA SECTORIAL INSTITUCIONAL
August 06, 2010 (All Day) - VERBO XIDO PREPARA A HOMENAXE A FRANCISCO ARCA VALIÑAS E SECUNDINO BUGALLO IGLESIAS
August 13, 2010 (21:00 - 22:00) - REUNIÓN INFORMATIVA DA MESA VECIÑAL
October 15, 2010 (21:00 - 21:30) - CONGRESO DE TURISMO TERMAL
March 02, 2011(1:00) - March 06, 2011 (1:00) - FESTA DE ENTROIDO EN MESEGO
March 04, 2011(23:45) - March 08, 2011 (00:45) - GRUPO DE CONSUMO
June 23, 2011 (All Day)





