Web de Ulla Umia Lerez

PROXECTO PARA DESENVOLVER A VITINICULTURA NA BISBARRA AROUSANA


Vostede está en: Inicio Listado de Proxectos PROXECTO PARA DESENVOLVER A VITINICULTURA NA BISBARRA AROUSANA

As Asociacións

Accesibilidade


PROXECTO PARA DESENVOLVER A VITINICULTURA NA BISBARRA AROUSANA

Print
E-mail
Wednesday, 24 August 2011 12:09
There are no translations available.

Título: Proxecto para Desenvolver a Vitinicultura na Bisbarra Arousana

Data e localización: Catoira, Pontecesures e Valga

Promotor: GDR Ulla Umia Lérez

Descrición e obxetivos

Trátase de impulsar un proxecto de animación técnico-económico para fomentar a vitivinicultura nunha das zonas que comprende a Indicación Xeógrafica Protexida do Viño da Terra de Barbanza e Iria e que comprende os concellos de Catoira, Pontecesures e Valga.

Sabendo do alto desempeño que ofrece a vitivinicultura galega con importantes agregados finais de posta en valor económica, a boa aptitude ecoclimática da zona tendo en conta a pertenza xeográfica ás denominadas Rías Baixas, a tradición de produción pola importante presenza de viñedos desde moito tempo atrás na comarca e o atractivo turístico fan necesarias diversas accións de animación, fomento e apoio entre os viñateiros arousáns.

Tamén é sabido dos necesario cambios a acometer a corto prazo como é a obrigada reconversión varietal e a posta en marcha de sistemas de cultivo viables. Todos estes cambios teñen que ter por premisa da máxima valorización do produto, ou sexa pola vinificación e comercialización de viño embotellado con amparo da IXP.

Obxectivos e Metas:
 Desenvolver a economía vitivinícola segundo parámetros actuais de demanda nos mercados.

 Transición do híbrido produtor directo á vinificación de variedades de Vitis vinífera autóctonas.

 Peche do ciclo produción-elaboración-comercialización polo que hai que acadar unha/varias marcas de viño embotellado.

Roteiros:
 Prospectiva sobre variedades autóctonas con bó desempeño.

 Prospectivas sobre sistemas de cultivo en novos viñedos.

 Introducción de novas variedades.

 Deseño de itinerarios técnicos.

 Proxectos de viticultura: asociados e individuais.

 Afrontar a vinificación 1ª fase: maquila con uvas autorizadas na IXP.

 Vinificación 2ª fase: maquila con uvas de novas plantacións.

 Vinificación 3ª fase: Elaboración con estruturas propias.

 Lanzamento da marca/marcas: vender adega e vender comarca.

A execución do proxecto implica o concurso de “coñecedores” sobre os distintos aspectos e problemáticas relacionados coa fileira de valor vitinícola (Técnicos agronómicos, Enólogos, Comercializadores, Xestores de adegas, etc.) e como resultado a elaboración dun documento para guiar o proceso.

1ª Fase: Ciclo de Charlas
 Trazos da Viticultura de Calidade.

 Elaboración de viños de calidade.

 Comercialización e Enoturismo.

 Organización empresarial e cooperativismo.

Visita Técnica
Como resumo práctico do que se fala nas charlas ou mesas redondas é conveniente poder organizar unha serie de visitas guiadas a experiencias que conteñan os temas abordados. Podería ser de 2 días en 1 ou 2 viaxes.

2.º Fase : documento técnico:
Elaboración dun estudio prospectivo sobre o desenvolvemento do potencial da Ribeira Arousán.

Cos contidos das charlas e con visitas á zona elaborarase un estudio o máis rigoroso posible sobre o potencial vitivinícola da Ribeira Arousán na IXP Barbanza Iria cos seguintes apartados:
 Potencial vitinícola da area estudada: limitacións xeográficas e climáticas, zonas axeitadas, sistemas de formación existentes e castes de interese.

 Definición de itinerarios tećnicos en viticultura: deseño de plantacións, escolla de material vexetal, fertilización, produción integradas, etc.

 Definición e itinerarios técnicos en elaboración: control de madurez da uva, elaboración de viños brancos e tintos, crianza en madeira, instalacións, hixiene, etc.

 Potencial de mercado: Area de venta do viño nunha primeira fase, posibilidades enoturísticas, cantidade de viño precisa.

 Definición  de 2-3 alternativas técnico-empresarial que inclúe as necesidades de viñedo mínimas, volume de elaboración, tipoloxía do produto á venda, instalacións mínimas en adega e custe aproximado total do proxecto, habería un anexo para as alternativas de organización societaria-empresarial.

Orzamento:

O investimento aceptado ascende a 10.000 € 

Porcentaxe de subvención: 100 % 

Fala o promotor: (Vídeos/Fotos)

 

Last Updated on Wednesday, 24 August 2011 13:13
 

Cesta da compra


Cesta vacia Your Cart is currently empty.

Calendario Eventos

January 2012
February 2012
Mo Tu We Th Fr Sa Su
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29

Últimos Eventos


Acceso Socios




 Logotipo do Programa FEADER  Logotipo da Conselleria do Medio Rural   AGADER: Axencia Galega de Desenvolvemento Rural   Logotipo do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino  Logotipo do FEADER: Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural  
© GDR ULLA UMIA LÉREZ CENTRO COMARCAL DE TABEIROS-TERRA DE MONTES  / Estrada PO-841, S/N, Toedo / 36682 A Estrada Pontevedra

Logotipo que simboliza o cumplimento da Normativa W3C CSSLogotipo que simboliza o cumplimento da Normativa W3C XHTML 1.0Logotipo que simboliza o cumplimento da Normativa W3C de accesibilidad Nivel AA

Tlfn: 986570458
Web: www.ullaumialerez.eu
Email:secretaria@ullaumialerez.eu
Aviso Legal
Diseño Web:Iterdata Networks