Web de Ulla Umia Lerez

PROXECTO SILVOPASTORIL NO MONTE OUTEIRO DOS XISTOS EN CUNTIS


Vostede está en: Inicio Listado de Proxectos PROXECTO SILVOPASTORIL NO MONTE OUTEIRO DOS XISTOS EN CUNTIS

As Asociacións

Accesibilidade


PROXECTO SILVOPASTORIL NO MONTE OUTEIRO DOS XISTOS EN CUNTIS

Print
E-mail
Wednesday, 23 March 2011 12:41
There are no translations available.

Título: PROXECTO SILVOPASTORIL NO MONTE OUTEIRO DOS XISTOS EN CUNTIS

Data e localización: Zo - Moreira (Cuntis / A Estrada)

Promotor: José Antonio López Pampín

Descrición e obxetivos

O presente proxecto ten por obxecto definir actuacións de silvopastoreo e creación de pasteiros no monte “Lagoa de Zo e Outeiro dos Xistos” sito no lugar de Zo, no concello de Cuntis combinado isto coa implantación do pastoreo en plantacións de froiteiras no entorno da parroquia de Moreira no concello de A Estrada. Este pastoreo será realizado por cabalos hispano – bretóns, animais dunha grande rusticidade e cunha alta taxa de transformación en carne.

O obxectivos do proxecto así como dos sistemas silvopastoris  é crear un  método de xestión da terra nos cales os bosques se manexan buscando unha integración entre a produción madeireira e froiteira coa cría de animais domésticos compatibles con eles. Os  aproveitamentos silvopastoris incrementan e diversifican a produción do monte, acurtan prazos de retorno económico dos investimentos, reducen o combustible vexetal vivo do sotobosque, permiten unha maior integración da sociedade rural nas súas explotacións, facilitan o tránsito polo monte e melloran os aspectos biolóxicos, estéticos e paisaxísticos. A instalación de zonas de Silvopastoreo xustifícase fundamentalmente, na diminución do combustible vexetal dentro das masas arbóreas, obtendo unha renda engadida ás zonas arboradas. En canto ao pastoreo das zonas de froiteiras evitase con elo o emprego de herbicidas axudando a conservar o carácter ecolóxico  destas  plantacións.

Manterase pastoreando as parcelas do proxecto a unha grea de entre 50 e 80 cabalos, os cales serán máis ou menos dependendo da época do ano e do nº de crías. As crías pasarán unha época na cal estarán en cebadeiro preparándose para a venta. De isto derívase a necesidade dos peches e a mellora dos pasteiros nas parcelas e a adaptación de naves para cebo, partos así como para posibles convalecencias ou como refuxios ou almacenamento de alimentos. 

Orzamento:

O investimento total ascende a 185.428,96 € obtivo 66 puntos no baremo polo que a porcentaxe de subvención quedaría nun 42,5 % (78.807,31 €)

Fala o promotor: (Vídeos/Fotos)

Last Updated on Wednesday, 23 March 2011 12:59
 

Cesta da compra


Cesta vacia Your Cart is currently empty.

entrar_tenda.jpg

Calendario Eventos

January 2012
February 2012
Mo Tu We Th Fr Sa Su
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29

Últimos Eventos


Acceso Socios




 Logotipo do Programa FEADER  Logotipo da Conselleria do Medio Rural   AGADER: Axencia Galega de Desenvolvemento Rural   Logotipo do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino  Logotipo do FEADER: Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural  
© GDR ULLA UMIA LÉREZ CENTRO COMARCAL DE TABEIROS-TERRA DE MONTES  / Estrada PO-841, S/N, Toedo / 36682 A Estrada Pontevedra

Logotipo que simboliza o cumplimento da Normativa W3C CSSLogotipo que simboliza o cumplimento da Normativa W3C XHTML 1.0Logotipo que simboliza o cumplimento da Normativa W3C de accesibilidad Nivel AA

Tlfn: 986570458
Web: www.ullaumialerez.eu
Email:secretaria@ullaumialerez.eu
Aviso Legal
Diseño Web:Iterdata Networks