Web de Ulla Umia Lerez

NOVAS DO PROXECTO DE COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS AGROALIMENTARIOS


Vostede está en: Inicio Novas GDR NOVAS DO PROXECTO DE COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS AGROALIMENTARIOS

As Asociacións

Accesibilidade


NOVAS DO PROXECTO DE COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS AGROALIMENTARIOS

Print
E-mail
Thursday, 27 May 2010 13:36
There are no translations available.

O GDR “PON A ANDAR” O PROXECTO DE COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS AGROALIMENTARIOS, PRIORIZANDO A INFORMACIÓN A TODOS/AS OS/AS POSÍBEIS INTERESADOS/AS.

Dende que se anunciou a posta en marcha do proxecto de comercialización de produtos agroalimentarios son moitas as persoas interesadas en coñecer como se vai a artellar na praxe este proxecto.

É por iso que o GDR decidiu facer unha rolda de charlas informativas para asentar as bases do proxecto, amais de pórse á disposición de calquera asociación ou entidade que queira organizar un encontro cos/as técnicos/as deste proxecto.

As charlas comezaron en Meavía ( Forcarei ), nun encontro organizado pola Asociación de Gandeiros/as deste concello, para continuar na Estrada o día 19 deste mes nunha xornada informativa organizada pola Concellaría de Medio Rural.

Este encontro foi valorado moi positivamente polo xerente do GDR, Anxo Escariz, que destacou que se tratou dun evento moi numeroso no que se puideron discutir os puntos febles e as fortalezas do proxecto, xa que en todo caso o éxito deste proxecto virá marcado pola implicación dos/as pequenos/as produtores/as do territorio, neste senso, a difusión é prioridade absoluta para a xerencia.

Na charla da Estrada insistiuse na matización dos pasos da primeira fase do proxecto que se corresponden coa elaboración dunha listaxe na que se recollerá a situación actual da produción no territorio do GDR, para despois facer o mesmo cos distribuidores da comarca.

Por outra banda paralelamente irase facendo unha compilación da normativa municipal e autonómica en relación coa distribución deste proxectos.

As seguintes charlas previstas poderédelas atopar neste cadro: 

Data charla  Concello Hora Lugar onde vaise a impartir a charla
19/05/2010 A Estrada 17:00 Centro Comarcal de Tabeirós - Terra de Montes
08/06/2010 Valga 20:00 Auditorio de Valga
09/06/2010 Pontecesures 20:30 Biblioteca
10/06/2010 Catoira 20:30 Salón de Actos do Edificio Felipe Aragunde
14/06/2010 Cuntis 11:00 Casa da Cultura
14/06/2010 Cerdedo 20:30 Concello
15/06/2010 Portas 20:30 Casa da Cultura
16/06/2010 Caldas de Reis 20:30 Auditorio de Caldas 
17/06/2010 Forcarei 20:30 Centro Social
21/06/2010 Moraña 20:30 Casa da Cultura A.D.R. Castelao
 

Last Updated on Tuesday, 15 June 2010 09:27
 

Cesta da compra


Cesta vacia Your Cart is currently empty.

entrar_tenda.jpg

Calendario Eventos

April 2012
May 2012
Mo Tu We Th Fr Sa Su
1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31

Últimos Eventos


Acceso Socios




 Logotipo do Programa FEADER  Logotipo da Conselleria do Medio Rural   AGADER: Axencia Galega de Desenvolvemento Rural   Logotipo do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino  Logotipo do FEADER: Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural  
© GDR ULLA UMIA LÉREZ CENTRO COMARCAL DE TABEIROS-TERRA DE MONTES  / Estrada PO-841, S/N, Toedo / 36682 A Estrada Pontevedra

Logotipo que simboliza o cumplimento da Normativa W3C CSSLogotipo que simboliza o cumplimento da Normativa W3C XHTML 1.0Logotipo que simboliza o cumplimento da Normativa W3C de accesibilidad Nivel AA

Tlfn: 986570458
Web: www.ullaumialerez.eu
Email:secretaria@ullaumialerez.eu
Aviso Legal
Diseño Web:Iterdata Networks