Web de Ulla Umia Lerez

XORNADA DE COMERCIALIZACIÓN DE MADEIRA NOS MONTES GALEGOS


Vostede está en: Inicio Novas GDR XORNADA DE COMERCIALIZACIÓN DE MADEIRA NOS MONTES GALEGOS

As Asociacións

Accesibilidade


XORNADA DE COMERCIALIZACIÓN DE MADEIRA NOS MONTES GALEGOS

Print
E-mail
Wednesday, 01 December 2010 14:38
There are no translations available.

O GDR ORGANIZA UNHA XORNADA FORESTAL DIRIXIDA A TODAS AS COMUNIDADES DE MONTES DO TERRITORIO.

O obxectivo básico é estudar todos os sistemas de comercialización de madeira que existen na actualidade para buscar alternativas sostíbeis que permitan rendibilizar os recursos forestais.

En tempo de crise urxe buscar alternativas para sacar a máxima rendibilidade aos nosos recursos forestais, que suxiran novos xeitos de procurar saída aos nosos produtos, esta xestión debe ser sostíbel e planificada para non reproducir de novo erros que seguen producindo efectos no monte.

Dende esta filosofía o GDR quere tomar parte activa e organizar unha xornada sobre a comercialización da madeira no monte galego, con poñentes de recoñecida experiencia no eido forestal que irán explicando experiencias en relación ao tema. Ao tempo que proporán solucións axeitadas á problemática que atravesan agora mesmo as comunidades de montes. A xornada celebrarase o día 11 de decembro a partir das 09:45 h na sala de exposicións de Caixanova na Estrada.
 
Unha vez feita a presentación na que se detallarán os obxectivos que se perseguen desenvolverase o seminario sobre planificación, xestión e certificación  forestal a cargo de Braulio Molina (Director Técnico da Asociación Forestal Galega).

Tras o café analizaranse xa experiencias de comercialización madeireira na Galicia, neste  caso serán Antonio Oca directivo de PROMAVI (Asociación de Orodutores de Madeira de Viveiro) e Xosé Covelo (Xerente da Compañía Galega de Silvicultores) os encargados de analizar as vantaxes da súa experiencia no sector.

Xa na sesión de tarde farase unha mesa redonda baixo o titulo: “Proposta de comercialización, claves para a posta en marcha dunha lonxa forestal e axudas da Consellería de Medio Rural para certificación, ordenamento e comercialización” esta vez os encargados serán Xosé Antonio Meixide Fernández (Profesor do CFE Agroforestal de Guísamo), Alfredo Pereira Martínez (Presidente da Mancomunidade do Val Miñor e Presidente do GDR-18) e Alberte Piñeiro Tubío (Enxeñeiro de Montes).

Para rematar o equipo técnico recollerá as conclusións e estudará a viabilidade dunha lonxa forestal no territorio.

DESTINATARI@S: C.M.V.M.C. e propietarios/as forestais do noso territorio.

INSCRICIÓNS: A inscrición as xornadas é obrigatoria, poderase realizar a través do enderezo electrónico This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it   ou no teléfono - fax  986570458.

O prazo de inscrición remata o día 3 de decembro.

[prema aquí para ver o cartaz]

[prema aquí para ver o convite]

 

Last Updated on Monday, 17 January 2011 18:01
 

Cesta da compra


Cesta vacia Your Cart is currently empty.

entrar_tenda.jpg

Calendario Eventos

April 2012
May 2012
Mo Tu We Th Fr Sa Su
1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31

Últimos Eventos


Acceso Socios




 Logotipo do Programa FEADER  Logotipo da Conselleria do Medio Rural   AGADER: Axencia Galega de Desenvolvemento Rural   Logotipo do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino  Logotipo do FEADER: Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural  
© GDR ULLA UMIA LÉREZ CENTRO COMARCAL DE TABEIROS-TERRA DE MONTES  / Estrada PO-841, S/N, Toedo / 36682 A Estrada Pontevedra

Logotipo que simboliza o cumplimento da Normativa W3C CSSLogotipo que simboliza o cumplimento da Normativa W3C XHTML 1.0Logotipo que simboliza o cumplimento da Normativa W3C de accesibilidad Nivel AA

Tlfn: 986570458
Web: www.ullaumialerez.eu
Email:secretaria@ullaumialerez.eu
Aviso Legal
Diseño Web:Iterdata Networks