Web de Ulla Umia Lerez

MODIFICACIÓNS NAS PRINCIPAIS MEDIDAS FISCAIS DO PAÍS


Vostede está en: Inicio Novas GDR MODIFICACIÓNS NAS PRINCIPAIS MEDIDAS FISCAIS DO PAÍS

As Asociacións

Accesibilidade


MODIFICACIÓNS NAS PRINCIPAIS MEDIDAS FISCAIS DO PAÍS

Print
E-mail
Monday, 17 January 2011 01:07
There are no translations available.

Imposto sobre Sociedades:

O concepto de empresa de reducida dimensión amplíase dunha cifra de negocios de 8.000.000 euros a 10.000.000 euros. O primeiro tramo da base impoñible que tributará a tipo reducido amplíase ata os 300.000 euros (dende os anteriores 120.202,14 €).

Aquelas empresas cuxa cifra de negocio sexa inferior aos 5.000.000 euros e conteñan un equipo inferior a 25 traballadores, tributarán cun gravame do 20% para a base comprendida entre 0 e 300.000 euros e ao 25% para a parte restante.

A liberdade de amortización amplíase.  Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas:
 
Supresión da dedución por nacemento ou adopción de fillo, o famoso "cheque bebé" de 2.500 euros. Para nacementos ou adopcións de 2010 mantense sempre e cando a inscrición no Rexistro Civil sexa con anterioridade ao 31 de xaneiro de 2011.

Introdúcense cambios nas táboas do IRPF coa creación de novos tramos para as rendas máis altas. Quedaría así: 24% para as rendas de entre 5.050 e 17.360 euros, do 28% para os ingresos de entre 17.360 e 32.360 euros, do 37% entre 32.360 e 52.360 euros, do 43% entre 52.360 e 120.000 euros, do 44% entre 120.000 e 175.000 euros e un 45% para as superiores a 175.000 euros.

Os rendementos do traballo obtidos de forma notoriamente irregular no tempo, con dereito a redución do 40%, non poden superar os 300.000 euros.

Respecto á dedución por investimento en vivenda habitual dende o 1 de xaneiro de 2011 só será aplicable aos contribuíntes que teñan unha base impoñible inferior a 24.107,20 euros cun máximo anual de 9.040 euros para aqueles cunha base impoñible de 17.707,20 euros ou inferior. Os mesmos límites aplícanse para as deducións por aluguer de vivenda. Ademais créase un réxime transitorio para que os contribuíntes que compraron as súas casas antes de xaneiro de 2011 poidan seguir aplicando a dedución coas condicións anteriores.

Deducións por obras e instalacións de adecuación da vivenda por razón de discapacidade baixo os mesmos límites pero cunha base de dedución máxima de 12.080 euros.

Os rendementos do capital inmobiliario que se deriven do arrendamento de vivendas reduciranse nun 60% en lugar do 50% anterior e incrementarase ata un 100% sempre que a idade do arrendatario sexa de 30 anos ou menos, cando antes se marcaba a barreira dos 35. Este límite mantense para os contratos anteriores ao 1 de xaneiro de 2011 segundo unha disposición transitoria. 

Imposto sobre Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados:

Engádese unha exención para operacións societarias tales como a capitalización, creación e mantemento de sociedades. 

Outras novidades

  • Elimínase a obrigatoriedade das cotas de cámara de comercio.
  • Suprímese a obriga de ter que realizar a publicidade de actos societarios na prensa escrita. Deste xeito desaparece a obriga de utilizar este medio para publicitar as constitucións, reducións de capital, convocatorias de xuntas de accionistas, disolucións de empresas, etc.
  • Crea un mecanismo de creación rápida de empresas que debería permitir ter unha sociedade operativa nun máximo de cinco días cun custo variable entre os 100 e os 250 euros segundo estas condicións.
  • Novo sistema de notificacións telemáticas obrigatorio que a Axencia Tributaria implanta a partir do 1 de xaneiro de 2011. Real Decreto 1363/2010, do 29 de outubro (BOE do 16 de novembro), polo que se regulan supostos de notificacións e comunicacións administrativas obrigatorias por medios electrónicos no ámbito da Axencia Estatal de Administración Tributaria.

Máis información:

Lei 39/2010, de 22 de decembro, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2011

Last Updated on Monday, 17 January 2011 17:59
 

Cesta da compra


Cesta vacia Your Cart is currently empty.

entrar_tenda.jpg

Calendario Eventos

April 2012
May 2012
Mo Tu We Th Fr Sa Su
1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31

Últimos Eventos


Acceso Socios




 Logotipo do Programa FEADER  Logotipo da Conselleria do Medio Rural   AGADER: Axencia Galega de Desenvolvemento Rural   Logotipo do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino  Logotipo do FEADER: Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural  
© GDR ULLA UMIA LÉREZ CENTRO COMARCAL DE TABEIROS-TERRA DE MONTES  / Estrada PO-841, S/N, Toedo / 36682 A Estrada Pontevedra

Logotipo que simboliza o cumplimento da Normativa W3C CSSLogotipo que simboliza o cumplimento da Normativa W3C XHTML 1.0Logotipo que simboliza o cumplimento da Normativa W3C de accesibilidad Nivel AA

Tlfn: 986570458
Web: www.ullaumialerez.eu
Email:secretaria@ullaumialerez.eu
Aviso Legal
Diseño Web:Iterdata Networks