Grupo Consumo GDR-20
Proxectos
As Asociacións
Novas
Outras Axudas
Accesibilidade
PRIMEIRAS CONCLUSIÓNS DO ESTUDO DE COMERCIALIZACIÓN EN CIRCUÍTOS CURTOS
Wednesday, 09 February 2011 13:23
There are no translations available.
O xerente Anxo Escariz explicou o pasado luns en rolda de prensa as primeiras conclusións do estudo encargado pola mesa agro gandeira.
Este proxecto nacía da nosa preocupación sobre a situación actual do sector agro gandeiro, tan castigado polo mercado durante este período.
A intención era deseñar novos mecanismos de introdución dos nosos produtos nos novos mercados a través de novas fórmulas que xerasen riqueza no territorio e puxesen en valor a calidade dos produtos da nosa zona.
Fronte este contexto dende o GDR preguntámonos cal debía ser o noso papel, fartos de investir fondos en estratexias de sinalización ou de seguir actuando como meros asesores administrativos das axudas Leader, decidimos tomar parte activa no desenvolvemento rural e pensar e deseñar estratexias que verdadeiramente contribúan ao crecemento integrado do noso territorio.
Este proxecto nacía da nosa preocupación sobre a situación actual do sector agro gandeiro, tan castigado polo mercado durante este período.
A intención era deseñar novos mecanismos de introdución dos nosos produtos nos novos mercados a través de novas fórmulas que xerasen riqueza no territorio e puxesen en valor a calidade dos produtos da nosa zona.
Fronte este contexto dende o GDR preguntámonos cal debía ser o noso papel, fartos de investir fondos en estratexias de sinalización ou de seguir actuando como meros asesores administrativos das axudas Leader, decidimos tomar parte activa no desenvolvemento rural e pensar e deseñar estratexias que verdadeiramente contribúan ao crecemento integrado do noso territorio.
O traballo foi fundamentalmente de campo, a asistencia técnica contratada xunto co equipo técnico do GDR, encargouse nunha primeira fase da organización de charlas polos concellos para despois manter entrevistas cos/as interesados/as e cos/as responsábeis municipais.
Facemos un breve repaso das ideas básicas:
1. Listaxe de produtores/as
1. Listaxe de produtores/as
Volvendo a parte práctica podemos, xa presentar os primeiros resultados do estudo. Resaltamos tres cuestións principais, en primeiro lugar a consecución dunha listaxe de produtores/as dispostos/as a participar como distribuidores.
En total 34 produtores/as, na que destacan os/as produtores/as do municipio estradense con 10 persoas, Cuntis con 7 e Forcarei con 5. Tamén temos 3 produtores de Caldas de Reis, un de Portas e un de Moraña. Tamén destacar o interese de persoas de fóra do territorio do GDR en total 7.
En canto o modo de produción foron clasificados nas seguintes tipoloxías:
- Produtores/as tradicionais: produción en hortas pequenas, e xeralmente para cooperativas e almacenistas.
- Produtores/as ecolóxicas: son os que contan coa certificación do consello regulador de agricultora ecolóxica (CRAEGA).
- Produtor/a – vendedor/a ECO/TRA: os que demais de producir lles interesa a venda directa.
- Produtor/a *ECO/TRA: son os que contan cunha produción considerábel dun so produto.
Fundamentalmente estes/as produtores/as teñen superficie ao ar libre, mais tamén é interesante comentar que algúns/as deles/as cultivan somentes baixo plástico. A súa dimensión media está dentro da media galega, 3.510 metros cadrados.
O estudo conclúe que dentro da súa diversidade os puntos en común serían:
- O interese por mellora a comercialización.
- O interese por producir alimentos de calidade e o máis naturais posíbeis.
- O interese por rendabilizar o traballo e as terras.
- Interese pola comercialización en circuítos curtos e mercados de proximidade.
2. Produción actual
A segunda conclusión de interese para nós e a tipoloxía de produción ou dito doutro xeito que tipo de produtos podemos atopar.
Predomina a produción de horta destacando a dispoñibilidade dalgúns produtos durante todo o ano, son as cebolas, as leitugas, as patacas, o brócoli, as cenorias, os porros, as fabas, os allos, as abelás e as noces, aínda que é necesario advertir os picos de produción en xullo, agosto, setembro e outubro.
3. Abastecemento
En terceiro lugar gustaríanos considerar a estimación anual do consumo en fresco e en conservado que pode ter unha familia con 4 membros, posto que iso daranos unha idea da demanda potencial, pero sobre todo o que fará é darnos unha idea da cantidade de produtos que imos a precisar para abastecer a todos/as nosos/as clientes potenciais.
Na táboa reflíctese cálculo estimado de familias das características sinaladas que poderían abastecerse coa produción total actual. Na táboa constatase que hai produtos que non suporía un problema para o abastecemento regular, porén tamén atopamos algúns con serias dificultades para garantir a regularidade na distribución.
Na táboa reflíctese cálculo estimado de familias das características sinaladas que poderían abastecerse coa produción total actual. Na táboa constatase que hai produtos que non suporía un problema para o abastecemento regular, porén tamén atopamos algúns con serias dificultades para garantir a regularidade na distribución.
| PRODUTOS | PROD. ACTUAL | PROD. ESTIMADA | NÚM. FAMILIAS |
| TOMATE | 38000 | 160 | 237 |
| PEMENTO Morrón | 9000 | 120 | 75 |
| PEMENTO de fritir | 34263 | 45 | 761 |
| FEIXÓN VERDE | 25025 | 52,5 | 476 |
| LEITUGA | 49196 | 140 | 351 |
| BERENXENA | 3250 | 65 | 54 |
| CABACIÑA | 3000 | 60 | 50 |
| COLES | 8000 | 32 | 250 |
| COUVE-FLOR | 1600 | 19 | 84 |
| BRÓCOLI | 700 | 17 | 41 |
| CEBOLAS | 440 | 44 | 10 |
| ALLOS | 110 | 5,5 | 20 |
| ALLOS-PORROS | 110 | 5,5 | 20 |
| PEPINO | 1100 | 44 | 25 |
| MELÓN | 500 | 30 | 16 |
| SANDÍA | 1400 | 84 | 16 |
CONCLUSIÓNS FINAIS
Sinteticamente podemos expor as seguintes conclusións:
- Atopamos moita variedade de producións e aínda que algunhas son para autoconsumo, temos a posibilidade de aumentalas.
- As maiores producións concéntrase nos meses de xullo, agosto, setembro e outubro mais podemos garantir, nalgúns produtos, abastecemento durante todo o ano.
- Podemos garantir a existencia de produtores/as no territorio que até o momento non tiñan ningún tipo de conexión entre eles/as e todos/as están dispostos a colaborar e asumir diferentes graos de compromiso: produción, colleita, embalaxe , almacenamento, venda …
PASOS A DAR
A idea e seguir avanzando na información sobre infraestruturas de comercialización existentes e na creación de grupos de consumo, de feito, froito deste encontro xa se formalizaron os primeiros pasos para formar os grupos de consumo.
Para iso, ao redor do mes de marzo comezaran as primeiras charlas que afondarán na necesidade de crear estruturas comercializadoras alternativas a prol dun consumo responsábel de produtos locais.
Para iso, ao redor do mes de marzo comezaran as primeiras charlas que afondarán na necesidade de crear estruturas comercializadoras alternativas a prol dun consumo responsábel de produtos locais.
Amais tamén se seguirá afondando na formación dos produtores implicados, para iso entre finais de febreiro e marzo organizarase a través do Sindicato Labrego Galego en colaboración co GDR, un curso coas seguintes áreas temáticas:
- Coidados específicos dos cultivos (25 horas).
- Lexislación (5 horas). Trámites para produtores/as de horta, pequenas instalacións transformadoras, IXP grelo de Galicia e IXP Pataca de Galicia, normativa fiscal, facturación.
- Comercialización (10 horas). Presentación das producións para venda directa.
- Lexislación de produción ecolóxica e integrada. Oportunidades(10 horas). Persoal da Consellería do Medio Rural.
Con isto o que se pretende é afondar máis no desenvolvemento deste proxecto que segue aberto ás suxestións e a participación de todos/as os/as interesados/as no fomento do consumo de produtos locais.
Descarga a presentación do proxecto AQUÍ.
Last Updated on Wednesday, 09 February 2011 16:33
Cesta da compra
Your Cart is currently empty. Calendario Eventos
Últimos Eventos
- CONVOCATORIA DA MESA SECTORIAL DE FORESTAL
August 05, 2010 (All Day) - CONVOCATORIA DA MESA SECTORIAL DE TURISMO
August 05, 2010 (All Day) - CONVOCATORIA DA MESA SECTORIAL EMPRESARIAL, COMERCIO E ARTESANÍA
August 05, 2010 (All Day) - CONVOCATORIA DA MESA SECTORIAL INSTITUCIONAL
August 06, 2010 (All Day) - VERBO XIDO PREPARA A HOMENAXE A FRANCISCO ARCA VALIÑAS E SECUNDINO BUGALLO IGLESIAS
August 13, 2010 (21:00 - 22:00) - REUNIÓN INFORMATIVA DA MESA VECIÑAL
October 15, 2010 (21:00 - 21:30) - CONGRESO DE TURISMO TERMAL
March 02, 2011(1:00) - March 06, 2011 (1:00) - FESTA DE ENTROIDO EN MESEGO
March 04, 2011(23:45) - March 08, 2011 (00:45) - GRUPO DE CONSUMO
June 23, 2011 (All Day) - ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DO GDR ULLA UMIA LÉREZ
May 09, 2012(9:00) - May 15, 2012 (21:00)





