Web de Ulla Umia Lerez

AXUDAS PARA VIVENDAS NO ÁMBITO RURAL, VIVENDAS E EDIFICIOS SITOS EN ÁMBITOS HISTÓRICOS E NO ÁMBITO DOS CAMIÑOS DE SANTIAGO


Vostede está en: Inicio Novas GDR AXUDAS PARA VIVENDAS NO ÁMBITO RURAL, VIVENDAS E EDIFICIOS SITOS EN ÁMBITOS HISTÓRICOS E NO ÁMBITO DOS CAMIÑOS DE SANTIAGO

As Asociacións

Accesibilidade


AXUDAS PARA VIVENDAS NO ÁMBITO RURAL, VIVENDAS E EDIFICIOS SITOS EN ÁMBITOS HISTÓRICOS E NO ÁMBITO DOS CAMIÑOS DE SANTIAGO

Print
E-mail
Wednesday, 23 March 2011 14:36
There are no translations available.

Requisitos

Para acceder ás axudas para rehabilitación que establece o decreto é preciso que tanto as vivendas coma os propietarios das mesmas cumpran unha serie de requisitos, basicamente os seguintes:

- As vivendas deberán ter unha antigüidade mínima de 10, 15 ou 40 anos:
· 10 anos no caso de axudas para remate de fachadas.
· 15 anos para rehabilitación de edificios ou vivendas.
· 40 anos para reconstrución de edificios ou vivendas.

- Acreditar a residencia do propietario no inmoble salvo que as obras se realicen coa finalidade de arrendar a vivenda. Nese caso haberá que presentar o contrato de alugueiro por un período mínimo de cinco anos.

- A vivenda dedicarse a residencia habitual e permanente do propietario durante o prazo como mínimo, de 5 anos a partir do día seguinte ao da notificación da resolución de cualificación definitiva. No caso de vivendas parta aluguer deberán estar alugadas durante un mínimo de cinco anos.

- No caso de galegos residente no exterior da comunidade autónoma, e que non destinen as vivendas a alugueiro, deberán residir na vivenda rehabilitada ou reconstruída durante polo menos 15 días ao ano, tal como establece a Lei de Vivenda de 2008.

- Ingresos familiares ponderados máximos:
· 3,5 veces o indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) cando se trate de actuacións no ámbito rural.
· 6,5 veces o IPREM, cando se trate de actuacións para uso propio nos ámbitos históricos e dos Camiños de Santiago.
· No caso de vivendas para alugueiro, os inquilinos non poderán superar 4,5 veces o IPREM.

Incluiranse nesta categoría as actuacións que contemplan a execución das obras de remate en edificacións cuxos paramentos de fachada ou cubertas non se remataron no momento da construción do edificio, polo que actualmente presentan como único acabado de fachada ou de cuberta, materiais que non foron deseñados para quedar vistos e que deturpan a imaxe exterior da edificación e do contorno no que esta se empraza.

Remate de fachadas e cubertas

Para poder acceder ás axudas deberá acreditarse que a vivenda foi habitada durante un período mínimo de cinco anos. Desta maneira evitase que as axudas se destinen a vivendas que aínda se atopan en construción, como pasaba co decreto de 2006.

As axudas para o remate de fachadas obrigan a deixar rematado o exterior da vivenda, rematando tódalas fachadas da mesma e colocando lousa, tella ou outro material de cuberta no tellado da mesma. Tamén será obrigatorio rematar as fachadas de tódalas construcións anexas, propiedade da mesma persoa e que se atopen a menos de 15 metros da vivenda.

Rehabilitación de edificios e vivendas

As actuacións de rehabilitación son as que, dentro dos límites da primitiva vivenda, teñen como obxectivo:

- Mellorar as condicións estruturais e de seguridade do edificio e a vivenda.

- Mellorar as condicións de accesibilidade.

- Mellorar as condicións construtivas, funcionais ou de habitabilidade.

- Remodelación de vivendas, mediante obras que teñan por obxecto a variación da distribución interior para adecuala ás necesidades das persoas usuarias ou mellorar as condicións relativas aos requisitos básicos do Código Técnico da Edificación.

- A remodelación de edificios, entendendo por tal aquela que teña por obxecto a variación dos límites das vivendas, a modificación do número de vivendas existentes no edificio ou a adaptación ao uso de vivenda de espazos que orixinalmente non tiñan dito uso.

- A mellora da eficiencia enerxética da vivenda, do edificio ou das súas instalacións.

- A ampliación da superficie útil da vivenda mediante a incorporación de espazos que, incluídos dentro dos límites da edificación existente non tiveran o uso da vivenda cando se trate de satisfacer as necesidades de persoas con problemas de mobilidade ou maiores de 65 anos, se busque adaptar a vivenda ás necesidades dos seus moradores ou se busque a protección e posta en valor do patrimonio construído.

Non se considera rehabilitación o baleirado das vivendas, a eliminación ou substitución da estrutura horizontal das plantas habitables do edificio que afecten a mais do 20 por cento da superficie da vivenda ou edificio sobre o que se actúa e as actuacións de amoblamento ou de acabados interiores que non estean ligadas a outras obras de rehabilitación.

Reconstrución de edificios ou vivendas
O decreto define como reconstrución de edificios ou vivendas as que teñen por obxecto recuperar para o uso, en condicións semellantes a unha obra nova, as vivendas ou edificios existentes cando se cumpra algunha das seguintes condicións:

- Que as obras impliquen a eliminación, substitución ou nova execución de, polo menos, un 20 por cento da estrutura horizontal da planta das vivendas ou edificios sobre os que se actúa.

- Que teñan por obxecto a ampliación dunha vivenda unifamiliar fóra dos límites da edificación primitiva e ditas obras sexan necesarias por algunha destas razóns:
· Dotar á vivenda de condicións axeitadas de habitabilidade
· Resolver os problemas de accesibilidade das persoas moradoras na vivenda.
· Dar cumprimento ás esixencias da normativa urbanística.
· Por requirimentos da normativa de protección do patrimonio ou para poñer en valor o patrimonio arquitectónico.
· Ser preciso incrementar a superficie útil da vivenda para satisfacer as necesidades das persoas moradoras nela, sempre que a superficie útil final da vivenda non supere os 140 metros cadrados.

Os edificios ou vivendas a reconstruír deberán contar como mínimo con todas as fachadas da edificación primitiva.

Axudas
As axudas consistirán en subvencións a fondo perdido do 50 por cento do orzamento protexido, co límite de 6.600 euros no caso de obras de remate de fachada e rehabilitación e 8.600 euros na modalidade de reconstrución de edificios e vivendas.

As axudas serán convocadas a través dunha orde que se publicará proximamente no Diario Oficial de Galicia, na que se regulará o prazo de solicitude das mesmas e o importe máximo que se destinará en 2011 a cada unha das modalidades.

Prema aquí para consultar o decreto.


 

Last Updated on Friday, 25 March 2011 14:13
 

Cesta da compra


Cesta vacia Your Cart is currently empty.

entrar_tenda.jpg

Calendario Eventos

April 2012
May 2012
Mo Tu We Th Fr Sa Su
1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31

Últimos Eventos


Acceso Socios




 Logotipo do Programa FEADER  Logotipo da Conselleria do Medio Rural   AGADER: Axencia Galega de Desenvolvemento Rural   Logotipo do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino  Logotipo do FEADER: Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural  
© GDR ULLA UMIA LÉREZ CENTRO COMARCAL DE TABEIROS-TERRA DE MONTES  / Estrada PO-841, S/N, Toedo / 36682 A Estrada Pontevedra

Logotipo que simboliza o cumplimento da Normativa W3C CSSLogotipo que simboliza o cumplimento da Normativa W3C XHTML 1.0Logotipo que simboliza o cumplimento da Normativa W3C de accesibilidad Nivel AA

Tlfn: 986570458
Web: www.ullaumialerez.eu
Email:secretaria@ullaumialerez.eu
Aviso Legal
Diseño Web:Iterdata Networks