Web de Ulla Umia Lerez

O PROXECTO DE CUSTODIA DE BACÍAS PONSE EN MARCHA


Vostede está en: Inicio Novas GDR O PROXECTO DE CUSTODIA DE BACÍAS PONSE EN MARCHA

As Asociacións

Accesibilidade


O PROXECTO DE CUSTODIA DE BACÍAS PONSE EN MARCHA

Print
E-mail
Tuesday, 29 March 2011 11:36
There are no translations available.

O pasado venres presentouse en rolda de prensa o proxecto promovido pola asociación ecoloxista ADEGA  e financiado con fondos LEADER, dentro da medida 412 mellora medio ambiental  e do contorno rural.
 
Este proxecto pretende achegar solucións ao problema plantexado, á deterioración dos ecosistemas fluviais, empregando novas ferramentas de participación e xestión do medio, nomeadamente a custodia do territorio. A cesión de parcelas en custodia do territorio é unha nova e crecente estratexia de conservación, que fomenta a participación e pon en contacto a diferentes actores e fainos partícipes dun proxecto común: a conservación da nosa paisaxe e do noso patrimonio natural e cultural. Así mesmo, o proxecto pretende poñer en valor os ríos como espazo fundamental para un desenvolvemento endóxeno e sustentábel. Os ríos das duas comarcas poden e deben ter un papel fundamental no desenvolvemento destas e recupera a importancia que tiveron noutros tempos.
 
Nestes día estase a pór en marcha a primeira fase do proxecto  que consiste na divulgación do mesmo para  informar a todas asociacións que xa están no proxecto como aquelas outras que queiran participar as datas propostas son:
 
CALDAS DE REIS
Día: 28 de Marzo
Hora: 20:00
Lugar: Auditorio Municipal de Caldas de Reis, Paseo Román López, s/n
 
MORAÑA
Día: 28 de Marzo
Hora: 20:00 
Lugar: Casa de Cultura do Concello de Moraña
 
PONTECESURES
Día: 30 de Marzo
Hora: 20:30 
Lugar: Salón de Plenos do Concello
 
CUNTIS
Día: 31 Marzo
Hora: 20:00 
Lugar: Centro de Interpretación do Clima (Casa do Médico)
 
A ESTRADA
Día: 5 de Abril
Hora: 20:00 
Lugar: Sala exposición Nova Caixa Galicia. Rúa Calvo Sotelo, nº 7
 
FORCAREI
Día: 6 de Abril
Hora: 20:00
Lugar: Salón de Actos do Centro Social 
Last Updated on Wednesday, 30 March 2011 12:05
 

Cesta da compra


Cesta vacia Your Cart is currently empty.

entrar_tenda.jpg

Calendario Eventos

April 2012
May 2012
Mo Tu We Th Fr Sa Su
1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31

Últimos Eventos


Acceso Socios




 Logotipo do Programa FEADER  Logotipo da Conselleria do Medio Rural   AGADER: Axencia Galega de Desenvolvemento Rural   Logotipo do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino  Logotipo do FEADER: Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural  
© GDR ULLA UMIA LÉREZ CENTRO COMARCAL DE TABEIROS-TERRA DE MONTES  / Estrada PO-841, S/N, Toedo / 36682 A Estrada Pontevedra

Logotipo que simboliza o cumplimento da Normativa W3C CSSLogotipo que simboliza o cumplimento da Normativa W3C XHTML 1.0Logotipo que simboliza o cumplimento da Normativa W3C de accesibilidad Nivel AA

Tlfn: 986570458
Web: www.ullaumialerez.eu
Email:secretaria@ullaumialerez.eu
Aviso Legal
Diseño Web:Iterdata Networks