Grupo Consumo GDR-20
Proxectos
As Asociacións
Novas
Outras Axudas
Accesibilidade
SEGUNDAS XORNADAS DA MOCIDADE DO GDR, A MÚSICA CONTADA
Tuesday, 12 April 2011 11:10
There are no translations available.

Despois do éxito das primeiras, a mesa da mocidade representada por Galiza Nova, decide organizar unha nova edición que terá lugar o día 16 de abril na Estrada.
A mesa da mocidade do GDR Ulla Umia Lérez, ten previsto para este sábado falar largo e tendido sobre a música en galego nas II Xornadas da Mocidade do GDR.
Despois do éxito das pasada edición dedicadas ao tema do asociacionismo no rural (preme aquí para descargar as conclusións). Este ano decídese deseñar un programa para percorrer tanto os diferentes estilos musicais coma as diferentes fases da produción e da distribución musical.
Para iso contamos cuns poñentes de luxo que sen dúbida falarán en clave real e debullarán o día a día do panorama da música en galego. Como o propio nome da xornada indica, a música contada, trátase de falar de música en galego como clave de dinamización social e económica no territorio.
A xornada comezará pola maña, cunha mesa redonda “A Música e a Distribución na Rede” a cargo de Uxío Broullón, ilustrador e colaborador de varios portais de distribución musical e O Leo Arremecághona, responsábel entre outros do portal Komunicando.net.
Seguiremos cunha mesa na que varios músicos exporán a súa experiencia e falarán en clave persoal sobre o que lles moveu a facer música. Nesta mesa chamada “A Música en GALEGO”, contaremos con: Alvariza, Nao, Raiba por vivir, O Leo Arremecághona e con Davide Nogueira, que falará da música tradicional dende as asociacións.
A tarde comezará cunha mesa redonda titulada “As Infraestruturas Musicais: que fai falla para facer música en galego?" Na que intervirán Rosa Bugallo, directora recursos externo da Central Folque, que falará plans de dinamización social a través da música e Demetrío Gómez Xunqueira, concelleiro de mocidade en Pontevedra, que descubrirá a experiencia dos locais de ensaio.
Ás 17:30 Pablo Díaz presentará o seu libro “TIC TAC” para os máis pequenos da casa.
E pecharemos cun concerto didáctico para nenos e maiores a cargo do grupo “FOL DO VENTO”.
Todas as actividades serán na Sala de Exposicións de Novacaixagalicia e comezarán a partir das 10:00 h da maña.
Last Updated on Tuesday, 12 April 2011 11:40
Cesta da compra
Your Cart is currently empty. Calendario Eventos
Últimos Eventos
- CONVOCATORIA DA MESA SECTORIAL DE FORESTAL
August 05, 2010 (All Day) - CONVOCATORIA DA MESA SECTORIAL DE TURISMO
August 05, 2010 (All Day) - CONVOCATORIA DA MESA SECTORIAL EMPRESARIAL, COMERCIO E ARTESANÍA
August 05, 2010 (All Day) - CONVOCATORIA DA MESA SECTORIAL INSTITUCIONAL
August 06, 2010 (All Day) - VERBO XIDO PREPARA A HOMENAXE A FRANCISCO ARCA VALIÑAS E SECUNDINO BUGALLO IGLESIAS
August 13, 2010 (21:00 - 22:00) - REUNIÓN INFORMATIVA DA MESA VECIÑAL
October 15, 2010 (21:00 - 21:30) - CONGRESO DE TURISMO TERMAL
March 02, 2011(1:00) - March 06, 2011 (1:00) - FESTA DE ENTROIDO EN MESEGO
March 04, 2011(23:45) - March 08, 2011 (00:45) - GRUPO DE CONSUMO
June 23, 2011 (All Day) - ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DO GDR ULLA UMIA LÉREZ
May 09, 2012(9:00) - May 15, 2012 (21:00)





