Web de Ulla Umia Lerez

COMEZAN AS PRIMEIRAS ENTREGAS DE CESTAS REPLETAS DE PRODUTOS DA ZONA


Vostede está en: Inicio Novas GDR COMEZAN AS PRIMEIRAS ENTREGAS DE CESTAS REPLETAS DE PRODUTOS DA ZONA

As Asociacións

Accesibilidade


COMEZAN AS PRIMEIRAS ENTREGAS DE CESTAS REPLETAS DE PRODUTOS DA ZONA

Print
E-mail
Friday, 05 August 2011 12:07
There are no translations available.

O día 3 de agosto ás 21:00 horas no local cedido pola Cooperativa Galega Monte Cabalar na Estrada e o día 4 de agosto na Tenda da Ponte en Cuntis, o xerente entregou as primeiras cestas do que se espera sexan moitas máis.

Anxo Escariz Ferrín, veu de facer a primeira entrega de cestas listas para o consumo ás familias interesadas no proxecto de comercialización en circuítos curtos. Este lotes foron elaborados polos/as produtores/as inscritos/as no proxecto financiado con fondos propios do Grupo de Desenvolvemento Rural Ulla Umia Lérez.

Concretamente entregáronse 15 cestas de contido diverso entre o que destacan os produtos de horta, leite fresco, embutido ecolóxico, etc. Por suposto todo o xénero é dos produtores/as da zona que tamén estiveron presentes na entrega da cestas.

Segundo o xerente os/as produtores/as teñen que ver moito no éxito deste proxecto xa que son eles/as os/as que impulsaron dende o comezo o desenvolvemento do mesmo: “eles e elas xunto coas familias que consumen son actores claves no desenvolvemento sustentábel do territorio ao facer posíbel, por unha banda, un consumo alternativo e natural e por outra banda, ao deixar os beneficios económicos deste consumo aos/ás produtores/as locais, sen necesidade de intermediarios/as”.

As cestas son de prezo variado en función da súa composición pero, facendo unha estimación podemos dicir que unha cesta para unha familia de 4 membros estaría en torno aos 30 euros semanais.

Neste primeira entrega as familias aínda non puideron facer a encarga a través da plataforma web, pero tal como explicou o xerente, xa está todo preparado para comezar para facer os pedidos a través da rede.

Dende o GDR agárdase que moitas máis familias se apunten a este novo modelo de consumo responsábel e saudábel e anuncian que seguirán atendendo ás tarefas de promoción e dinamización coa asistencia á feiras, a través de charlas informativas, etc. Tamén estarán nesta primeira fase de planificación loxística e mantemento da plataforma dixital e por suposto no asesoramento aos produtores, pero insisten en que a finalidade última deste proxecto e tanto que produtores/as como consumidores/as se auto xestionen.

Last Updated on Monday, 08 August 2011 09:34
 

Cesta da compra


Cesta vacia Your Cart is currently empty.

entrar_tenda.jpg

Calendario Eventos

April 2012
May 2012
Mo Tu We Th Fr Sa Su
1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31

Últimos Eventos


Acceso Socios




 Logotipo do Programa FEADER  Logotipo da Conselleria do Medio Rural   AGADER: Axencia Galega de Desenvolvemento Rural   Logotipo do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino  Logotipo do FEADER: Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural  
© GDR ULLA UMIA LÉREZ CENTRO COMARCAL DE TABEIROS-TERRA DE MONTES  / Estrada PO-841, S/N, Toedo / 36682 A Estrada Pontevedra

Logotipo que simboliza o cumplimento da Normativa W3C CSSLogotipo que simboliza o cumplimento da Normativa W3C XHTML 1.0Logotipo que simboliza o cumplimento da Normativa W3C de accesibilidad Nivel AA

Tlfn: 986570458
Web: www.ullaumialerez.eu
Email:secretaria@ullaumialerez.eu
Aviso Legal
Diseño Web:Iterdata Networks