Grupo Consumo GDR-20
Proxectos
As Asociacións
Novas
Outras Axudas
Accesibilidade
O próximo 23 de xuño, xoves, a partir das 10 da noite, terá lugar o lumeiro no campo da festa de Ouzande. Como todos os anos, darémoslle a benvida ao verán arredor da fogueira. Faremos festa co grupo Retrouso e, se queres, podes traer algún instrumento para animar. Teremos á venda pan e chourizos que poderás asar ti mesmo/a nas brasas da fogueira. E ao final saltaremos por riba do lume. Se queres, podes traer algún recipiente para levares a auga de flores para a casa. (Os nenos e nenas poden vir a partir das sete da tarde para preparar a festa, facer o moneco e recoller as flores para a auga...)
PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL “O ESPÍRITO DAS TRINCADEIRAS” DO ESTRADENSE SENÉM OUTEIRO
A actividade terá lugar o próximo día 25 de xuño, sábado, no Local Social de Ouzande.
Realizaranse dous pases, o primeiro ás 19:30 e o segundo ás 21:30. Contaremos coa presenza do autor do documental
O filme, escrito e dirixido por Seném Outeiro, narra a loita que no ano 1990 o pobo de Goián desenvolveu na defensa do monte comunal das Trincadeiras que pretendía ser expropiado pola empresa que construía a autopista Vigo-Porriño. O pobo de Goián opúxose e despois conquerir con moito esforzo a súa vitoria celebrou anualmente unha festa de exaltación das Trincadeiras coma movemento veciñal e coma posta en valor dos espazos comunais.
Trátase dunha interesantísimo traballo polo cal recomendamos a todos e todas a asistencia. Vaiche gustar.
CAMISETAS DO DÉCIMO ANIVERSARIO.
Na taberna de Ouzande están á venda as fermosas camisetas deste ano, que conmemoran o décimo aniversario da asociación. Se aínda non a tés, faite con ela para lucila este verán. Dispoñemos de 3 modelos distintos. En próximos días estarán tamén no Bar A Farola, na Librería Alberte Quiñoi e no Bar A Caldesiña da Estrada
Toda a información e as fotos das actividades no noso blog
http://carreiros.blogspot.com
Tamén estamos en youtube e facebook:
http://www.youtube.com/user/afervenzadeouzande
http://gl-es.facebook.com/people/A-Fervenza-de-Ouzande/1431495099

O domingo 19 de decembro de 2010, no local de Ouzande terá lugar a presentación do nº 9 da revista Carreiros, publicada pola Asociación.
O acto consistirá na presentación do novo Carreiros, e na proxección de imaxes e videos sobre o mesmo.
Indícanos que este evento rematará COMPARTINDO UNHA RICA MERENDA A BASE DE CHOCOLATE QUENTE CON BISCOITO.
No seguinte enlace pódese visionar o spot realizado para a ocasión e que está distribuído nas redes sociais de internet:
http://www.youtube.com/watch?v=yVUSiexqxXM
Máis información en http://carreiros.blogspot.com
Compañeiras e compañeiros, amigos e amigas:
Cumprindo cunha obriga moral de lembrar aos que deron a súa vida pola liberdade, como todos os anos o día 13 de agosto acompañaremos a Rogelio Arca (que cumpríu xa os 95 anos) no 74 aniversario do asasinato por parte dos falanxistas do seu pai, Francisco Arca Valiñas, e do seu amigo Secundino Bugallo Iglesias, na Ponte do Barco (Pedre-Cerdedo).
Tal e como se decidiu vai para cinco anos, “Verbo Xido” pretende que a data do 13 de agosto forme parte doutro calendario alternativo ao das enchentas dos estómagos agradecidos: o da cidadanía consciente e sensible, no que as ideas de memoria, emancipación, fraternidade e igoaldade se encarnen nas intervencións de amigos e amigas afeitos a crear sentimentos liberadores a través das palabras.
Por iso, no vindeiro 13 de agosto, ás 20 horas, ao pé do humilde monumento que lembra os canteiros asasinados na Ponte do Barco, coa renovada ledicia de nos xuntar, contaremos con dous poetas ben coñecidos e benqueridos por nós, Elvira Ribeiro e Xosé Luís Santos Cabanas, comprometidos dende sempre coa “memoria dos oprimidos”.
Como sabedes tamén, “Verbo Xido” aproveita estas xuntanzas para presentar algunha que outra novidade impresa. Desta volta, distribuiremos unha nova publicación titulada “As vítimas do franquismo na Terra de Montes (1936-1953). Beariz, Cerdedo e Forcarei”, da autoría de Dionísio Pereira, que tamén fará algunhas breves consideracións sobre esta temática.
¡¡Vos agardamos a todos e a todas!!
VERBO XIDO
- AS ASOCIACIÓNS ESPADELA E VERBO XIDO ULTIMAN OS DETALLES PARA A VIAXE AO COUREL.
- ACTIVIDADE DA ASOCIACIÓN CULTURAL A FERVENZA DE OUZANDE -PROGRAMA 'IMOS ANDAR'
- VII CERTAME DE RELATO CURTO “CONTOS DA LAREIRA”
- S.D. PRESQUEIRAS PREPARA UNHA RUTA DE SENDEIRISMO DE GAXÍN A ACIVEIRO PARA O VENRES SANTO
- O MUSEO DA MADEIRA E DO MOBLE DA ESTRADA INAUGÚRASE O 26 DE MARZO
- A OMIX DA ESTRADA INFORMARÁ SOBRE OS CAMPAMENTOS DE VERÁN DA XUNTA
- OITAVO NÚMERO DA REVISTA "CARREIROS" PUBLICADA POLA ASOCIACIÓN CULTURAL " A FERVENZA DE OUZANDE"
- CURSO DE MONITOR DE TEMPO LIBRE NA ESTRADA
- PRESENTACIÓN DOS ACTOS QUE SE CELEBRARÁN NA ESTRADA CO GALLO DO 8 DE MARZO, DÍA DA MULLER TRABALLADORA
- O CONCELLO DA ESTRADA AXUDARÁ ÁS AGRUPACIÓNS E ASOCIACIÓNS CULTURAIS A SOLICITAR AS AXUDAS DO PROGRAMA PROVINCIAL DE APOIO Á CULTURA
- GEOCACHING: NOVAS ACTIVIDADES TURÍSTICAS NO GDR
- RUTAS BTT NA ESTRADA
- NOVA PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO D´A ESTRADA.
- SÁBADO DE ENTROIDO EN OUZANDE
- ENTROIDO EN FORCAREI
- PROGRAMA DA FESTA DA VINCHA
- DESFILE DE ENTROIDO NA ESTRADA.
- PROGRAMACIÓN DE ENTROIDO DO CONCELLO DE MORAÑA
- CALDAS DE REIS CELEBRA O ENTROIDO
- ENTROIDO EN CATOIRA
Cesta da compra
Your Cart is currently empty. Calendario Eventos
Últimos Eventos
- CONVOCATORIA DA MESA MEDIO AMBIENTE, SOSTENIBILIDADE, CAZA E PESCA
August 04, 2010 (All Day) - CONVOCATORIA DA MESA SECTORIAL DE FORESTAL
August 05, 2010 (All Day) - CONVOCATORIA DA MESA SECTORIAL DE TURISMO
August 05, 2010 (All Day) - CONVOCATORIA DA MESA SECTORIAL EMPRESARIAL, COMERCIO E ARTESANÍA
August 05, 2010 (All Day) - CONVOCATORIA DA MESA SECTORIAL INSTITUCIONAL
August 06, 2010 (All Day) - VERBO XIDO PREPARA A HOMENAXE A FRANCISCO ARCA VALIÑAS E SECUNDINO BUGALLO IGLESIAS
August 13, 2010 (21:00 - 22:00) - REUNIÓN INFORMATIVA DA MESA VECIÑAL
October 15, 2010 (21:00 - 21:30) - CONGRESO DE TURISMO TERMAL
March 02, 2011(1:00) - March 06, 2011 (1:00) - FESTA DE ENTROIDO EN MESEGO
March 04, 2011(23:45) - March 08, 2011 (00:45) - GRUPO DE CONSUMO
June 23, 2011 (All Day)

Novas Socios



