Web de Ulla Umia Lerez

VII CERTAME DE RELATO CURTO “CONTOS DA LAREIRA”


Vostede está en: Inicio Novas Socios O Arrieiro VII CERTAME DE RELATO CURTO “CONTOS DA LAREIRA”

As Asociacións

Accesibilidade


VII CERTAME DE RELATO CURTO “CONTOS DA LAREIRA”

Print
E-mail
Monday, 12 April 2010 21:12
There are no translations available.


CONTOS DA LAREIRA 2010

Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, a Asociación Cultural “O Arrieiro” convoca o VII Certame de Relato Curto “Contos da Lareira”, que se rexirá polas seguintes BASES:

I: PARTICIPACIÓN: Poderá participar todo aquel que o desexe nas seguintes categorías: Categoría A: menores de 15 anos; Categoría B: de 15 anos en adiante.

II: TEMÁTICA: Será totalmente libre. O texto estará elaborado integramente en galego. Aínda que o xurado valorará principalmente o contido literario do texto, teranse en conta ademais outros aspectos, como a súa presentación ou a inclusión de ilustracións.

III: EXTENSIÓN: Serán textos breves, en forma de pequena historia ou conto, que puidera ser contado do xeito que o facían os nosos antergos nas noites invernais “a carón da lareira”.
A extensión mínima do texto será de dous folios, debendo adaptarse ao espírito e lema do certame, que se define como de “relato curto”. Non se esixe un formato especial de presentación, podendo ser esta manuscrita ou mecanografada, sinalando unha vez máis a especial valoración na presentación do traballo (caligrafías e tipos de letra, título, portada, etc.). Os traballos que non reúnan unha mínima calidade formal e estilística segundo o criterio do xurado serán considerados nulos, así como aqueles nos que figure nalgún espazo algunha referencia directa que desvele a verdadeira identidade da súa autoría (unha sinatura nas ilustracións, un enderezo ou mail electrónico, etc.)

IV: PRESENTACIÓN: O prazo de presentación dos orixinais está aberto ata o venres 7 de maio na Casa da Cultura A. D. R. Castelao de Moraña (horario de mañá e tarde). O enderezo postal é o seguinte: Casa da Cultura A. D. R. Castelao, rúa 3, Moraña-36660 (nos envíos postais só se considerarán válidos aqueles traballos con mataselos do día 7 de maio como máximo).
A obra orixinal irá asinada cun pseudónimo e deberá indicar a categoría á que pertence (A: menor de 15 anos; B: maior de 15 anos). A identidade e datos do/a participante: nome, enderezo, idade e teléfono de contacto, introduciranse nun pequeno sobre pechado, no exterior do cal tan só figurará o pseudónimo e a categoría á que pertence, así como o título do relato. A obra e máis o sobre pequeno presentaranse no interior dun sobre grande no que deberán figurar de novo o pseudónimo xunto co seguinte lema do certame no exterior: “VII certame de relato curto Contos da Lareira. Asociación O Arrieiro”, ademais do enderezo postal enriba indicado se o orixinal se vai enviar por correo.

V: PREMIOS: A asociación “O Arrieiro” obsequiará cun agasallo a tódolos participantes que se presenten no acto de entrega de premios, onde haberá tres primeiros premios para cada categoría, que constarán dun lote literario e un diploma honorífico acreditativo. O xurado, composto por persoas vencelladas ao eido cultural emitirá o seu fallo nun acto que se celebrará o luns 17 de maio, Día das Letras Galegas, na Casa da Cultura A.D.R. Castelao de Moraña ás 20:00 h. da tarde, acto ao que estará convidado todo aquel que o desexe, e no que se dará lectura a unha escolma dos contos presentados.

VI: PUBLICACIÓN: Tódolos traballos entregados e que non sexan anulados polo xurado pasarán a formar parte dos fondos da Asociación Cultural “O Arrieiro”.
Os traballos premiados serán divulgados e publicados en diferentes medios.

[cartaz]

Last Updated on Wednesday, 14 April 2010 17:01
 

Cesta da compra


Cesta vacia Your Cart is currently empty.

entrar_tenda.jpg

Calendario Eventos

April 2012
May 2012
Mo Tu We Th Fr Sa Su
1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31

Últimos Eventos


Acceso Socios




 Logotipo do Programa FEADER  Logotipo da Conselleria do Medio Rural   AGADER: Axencia Galega de Desenvolvemento Rural   Logotipo do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino  Logotipo do FEADER: Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural  
© GDR ULLA UMIA LÉREZ CENTRO COMARCAL DE TABEIROS-TERRA DE MONTES  / Estrada PO-841, S/N, Toedo / 36682 A Estrada Pontevedra

Logotipo que simboliza o cumplimento da Normativa W3C CSSLogotipo que simboliza o cumplimento da Normativa W3C XHTML 1.0Logotipo que simboliza o cumplimento da Normativa W3C de accesibilidad Nivel AA

Tlfn: 986570458
Web: www.ullaumialerez.eu
Email:secretaria@ullaumialerez.eu
Aviso Legal
Diseño Web:Iterdata Networks