Grupo Consumo GDR-20
Proxectos
As Asociacións
Novas
Outras Axudas
Accesibilidade
DESFILE DE ENTROIDO NA ESTRADA.
Repartiranse un total de 1025 euros, e nove premios en tres categorías
A Xunta de Goberno local do Concello da Estrada aprobou, en Xunta de Goberno celebrada esta mañá, as bases que regularán o concurso de disfraces que terá lugar durante estas festas de Entroido 2010.
En total, repartiranse 1.025 euros, entre as categorías de disfrace individual, de parellas, e de grupos. Haberá tres premios en cada unha das categorías. Os grupos deberán estar compostos, cando menos, por 5 persoas.
INDIVIDUAIS PARELLAS GRUPOS
1º premio 50€ 1º premio 100€ 1º premio 400€
2º premio 30€ 2º premio 75€ 2º premio 200€
3º premio 20€ 3º premio 50€ 3º premio 100€
A participación está aberta a todas as asociacións, barrios, parroquias, colexios e persoas que o desexen. O concurso terá lugar o luns 15 de febreiro, a partires das 17:00 horas, na Praza da Feira.
Os participantes deberán inscribirse no Departamento de Cultura do Concello, onde recibirán un xustificante que lles servirá para seren identificados. Tamén se pode realizar a inscrición telefonicamente, a través do teléfono 986 573 601.
Os participantes deberán presentarse no concurso media hora antes da sinalada para o inicio do concurso, e admitiranse inscricións ata ese momento.
O Xurado estará composto por tres persoas, que serán elixidos entre as asociacións de comerciantes, de hostalería, e da Fundación Cultural da Estrada. Os seus integrantes deberán ter en conta, á hora de ditaminar o seu veredicto, non só a categoría do disfrace, senón a participación activa e humorística no desfile do Entroido, así como a orixinalidade e a creatividade coa que foi realizado.
Cesta da compra
Your Cart is currently empty. Calendario Eventos
Últimos Eventos
- CONVOCATORIA DA MESA SECTORIAL DE FORESTAL
August 05, 2010 (All Day) - CONVOCATORIA DA MESA SECTORIAL DE TURISMO
August 05, 2010 (All Day) - CONVOCATORIA DA MESA SECTORIAL EMPRESARIAL, COMERCIO E ARTESANÍA
August 05, 2010 (All Day) - CONVOCATORIA DA MESA SECTORIAL INSTITUCIONAL
August 06, 2010 (All Day) - VERBO XIDO PREPARA A HOMENAXE A FRANCISCO ARCA VALIÑAS E SECUNDINO BUGALLO IGLESIAS
August 13, 2010 (21:00 - 22:00) - REUNIÓN INFORMATIVA DA MESA VECIÑAL
October 15, 2010 (21:00 - 21:30) - CONGRESO DE TURISMO TERMAL
March 02, 2011(1:00) - March 06, 2011 (1:00) - FESTA DE ENTROIDO EN MESEGO
March 04, 2011(23:45) - March 08, 2011 (00:45) - GRUPO DE CONSUMO
June 23, 2011 (All Day) - ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DO GDR ULLA UMIA LÉREZ
May 09, 2012(9:00) - May 15, 2012 (21:00)





