Web de Ulla Umia Lerez

NOVA PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO D´A ESTRADA.


Vostede está en: Inicio Novas Socios Concello A Estrada NOVA PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO D´A ESTRADA.

As Asociacións

Accesibilidade


NOVA PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO D´A ESTRADA.

Print
E-mail
Monday, 15 February 2010 13:00
There are no translations available.

PROGRAMACIÓN CULTURAL PARA O ANO 2010.

A concellaría de cultura apresentou o seu programa cultural para este semestre:
venres  19 de Febreiro ás 21:00 h.
“CERRADO POR ABURRIMIENTO”
Matarile Teatro
Entrada: 5 €

A compañía galega con máis proxección no exterior, tanto en Europa como en España, presenta o que pode ser o último espectáculo da súa impresionante traxectoria. Unha nova ocasión para reflexionar con Matarile acerca do ser humano na súa linguaxe única que conxuga instantes de enorme fondura poética con outros nos que o protagonista é o sentido do humor. Todo, nunha posta en escena cun forte impacto visual e plástico.

(xoves) 4 de marzo ás 20:30 h.
Banda Xuvenil e Orquestra do Conservatorio de Música da Estrada
Entrada gratuita

(domingo) 7 de marzo ás 21:00 h.
Miguel Lago de Paramount Comedy
Entrada: 5 €

O galego Miguel Lago é o cómico con máis monólogos na canle Paramount Comedy, que mesmo lle dedicou un monográfico. Triunfador nos teatros da Gran Vía e Barcelona co seu monólogo “Los niños están gordos”, recala na Estrada, despois dos seus espectaculares cheos nas grandes cidades galegas.

(venres) 19 de marzo ás 21:00 h.
“KVETCH”
De Teatro do Morcego
Entrada: 5 €

Unha comedia absolutamente frenética e cun corte moi contemporáneo protagonizada por Celso Parada e o resto da troupe cómica de Teatro do Morcego, dirixidos nesta ocasión por un dos directores españois máis recoñecidos no ámbito da comedia. KVETCH, un texto que foi un éxito nas súas montaxes en USA e Gran Bretaña, mostra unha moi particular visión acerca da ansiedade que atenaza ao home moderno.

(vernes) 26 de marzo ás 21:00 h.
LINHO DO CUCO
Entrada Gratuita 

(venres) 16 de abril ás 21:00 h.
“EXITUS”
De Titzina Teatro
Entrada: 5 €

Unha das compañías máis lembradas nos seus anteriores pasos por A Estrada, coas obras “Soños de psiquiátrico” e “Entrañas”, reflexiona esta vez sobre a morte. Titzina é un proxecto teatral case único que constrúe os textos cunha previa inmersión física na realidade que desexan tratar para compoñer logo guións exquisitos que transitan entre a risa e a emoción nun equilibrio imposible. É unha das compañías estatais máis respectadas nos festivais teatrais e resulta unha das máis difíciles de contratar pola súa perenne escaseza de datas libres.

(venres) 23 de abril ás 21:00 h.
“UTOPÍA”
De Leo Bassi
Entrada: 10 €

Un Leo Bassi no seu mellor momento de madurez creativa e tras o apabullante éxito de “La Revelación”, reflexiona co seu inimitable discurso sobre a utopía, sobre a perda da ilusión polo cambio social, a desesperanza, a ilusión, a ilustración e o soño dunha sociedade máis xusta e humana.

(venres, sábado e domingo) 7,8,9 de maio ás 21:00h.
“PALABRAS ENCADEADAS”
De Talía Teatro

Talía Teatro adéntrase esta vez no terreo do Thriller psicolóxico, conseguindo recrear unha atmosfera opresiva e violenta onde as cousas non resultan ser o que parecen cun texto cargado de sorpresas e xiros imprevistos. Neste caso, ademais, os espectadores que acudan á función, poderán contemplala dende unha nova perspectiva.

(xoves) 13 de maio ás 20:30 h.
Orquestra do Conservatorio da Estrada
Entrada Gratuita

(mércores) 19 de maio ás 20:30 h.
Orquestra de Cámara do Conservatorio de Vigo
Entrada gratuita

(sábado) 22 de maio ás 20:30 h.
Orquestra de Camara Gallega
Entrada gratuita

(venres) 28 de maio ás 21:00 h.
“MASTER CLASS”
Con Mabel Ribera, de Bengala Produccións
Entrada: 5 €

A excelente actriz Mabel Ribera, ben coñecida por “Pratos combinados”, “Mar aberto”, etc, encabeza un plantel de extraordinarios actores para nunha das grandes producións galegas deste ano, traer á escena a vida de María Callas.

Last Updated on Wednesday, 14 April 2010 17:10
 

Cesta da compra


Cesta vacia Your Cart is currently empty.

entrar_tenda.jpg

Calendario Eventos

April 2012
May 2012
Mo Tu We Th Fr Sa Su
1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31

Últimos Eventos


Acceso Socios




 Logotipo do Programa FEADER  Logotipo da Conselleria do Medio Rural   AGADER: Axencia Galega de Desenvolvemento Rural   Logotipo do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino  Logotipo do FEADER: Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural  
© GDR ULLA UMIA LÉREZ CENTRO COMARCAL DE TABEIROS-TERRA DE MONTES  / Estrada PO-841, S/N, Toedo / 36682 A Estrada Pontevedra

Logotipo que simboliza o cumplimento da Normativa W3C CSSLogotipo que simboliza o cumplimento da Normativa W3C XHTML 1.0Logotipo que simboliza o cumplimento da Normativa W3C de accesibilidad Nivel AA

Tlfn: 986570458
Web: www.ullaumialerez.eu
Email:secretaria@ullaumialerez.eu
Aviso Legal
Diseño Web:Iterdata Networks