Grupo Consumo GDR-20
Proxectos
As Asociacións
Novas
Outras Axudas
Accesibilidade
O CONCELLO DA ESTRADA AXUDARÁ ÁS AGRUPACIÓNS E ASOCIACIÓNS CULTURAIS A SOLICITAR AS AXUDAS DO PROGRAMA PROVINCIAL DE APOIO Á CULTURA
O Concello da Estrada axudará ás agrupacións e asociacións culturais na tramitación de solicitudes das axudas englobadas dentro do programa de subvencións de apoio á cultura.
As bases da convocatoria deste ano foron publicadas hoxe no Boletín Oficial da Provincia. A regulación destas axudas establece que poden ser solicitadas por persoas físicas e xurídicas en ánimo de lucro e radicadas dentro da Provincia de Pontevedra.
O programa diríxese, en primeiro lugar, ao financiamento de instrumentos ou vestiario, no caso de grupos e asociacións musicais da nosa provincia. Tamén se engloba dentro delas o financiamento para a construción ou rehabilitación de centros culturais, ou a restauración de monumentos.
Por último, ao abeiro desta convocatoria tamén se pode solicitar o financiamento de concursos literarios, xornalísticos, actos folclóricos e musicais, intercambios culturais, certames, conferencias, etc., dentro do marco xeral de “actividades culturais”.
Axuda municipal para a presentación de solicitudes
Desde o Concello da Estrada, estase a informar ás asociacións de carácter cultural-musical sobre estas axudas mediante o envío de cartas. Ademais, a administración local colaborará coas entidades veciñais na tramitación destas axudas.
Os interesados en solicitar as axudas a través do Concello poderán achegarse ao edificio consistorial en horario de 9:00 a 14:00, na oficina de Cooperación Social, no segundo andar. Tamén poden contactar telefonicamente a través do número 986 570 165 (extensións 217 ou 315). Por último, en caso de que así se solicite por parte dos veciños, persoal municipal de asesoramento desprazarase ata a parroquia na cal a asociación interesada teña a súa sede, sempre previa concertación de cita.
O prazo para presentar solicitudes remata o día 2 de abril de 2010.
Cesta da compra
Your Cart is currently empty. Calendario Eventos
Últimos Eventos
- CONVOCATORIA DA MESA SECTORIAL DE FORESTAL
August 05, 2010 (All Day) - CONVOCATORIA DA MESA SECTORIAL DE TURISMO
August 05, 2010 (All Day) - CONVOCATORIA DA MESA SECTORIAL EMPRESARIAL, COMERCIO E ARTESANÍA
August 05, 2010 (All Day) - CONVOCATORIA DA MESA SECTORIAL INSTITUCIONAL
August 06, 2010 (All Day) - VERBO XIDO PREPARA A HOMENAXE A FRANCISCO ARCA VALIÑAS E SECUNDINO BUGALLO IGLESIAS
August 13, 2010 (21:00 - 22:00) - REUNIÓN INFORMATIVA DA MESA VECIÑAL
October 15, 2010 (21:00 - 21:30) - CONGRESO DE TURISMO TERMAL
March 02, 2011(1:00) - March 06, 2011 (1:00) - FESTA DE ENTROIDO EN MESEGO
March 04, 2011(23:45) - March 08, 2011 (00:45) - GRUPO DE CONSUMO
June 23, 2011 (All Day) - ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DO GDR ULLA UMIA LÉREZ
May 09, 2012(9:00) - May 15, 2012 (21:00)





