Grupo Consumo GDR-20
Proxectos
As Asociacións
Novas
Outras Axudas
Accesibilidade
PRESENTACIÓN DOS ACTOS QUE SE CELEBRARÁN NA ESTRADA CO GALLO DO 8 DE MARZO, DÍA DA MULLER TRABALLADORA
Organízanse un obradoiro de corresponsabilidade doméstica no cal participará o alcalde da Estrada o día 13, e un concerto de rock e rap o día 27
A Estrada, 1 de marzo. A concelleira de Servizos Sociais e Igualdade da Estrada, Ana Asorey, presentou hoxe en rolda de prensa os actos que se desenvolverán na localidade con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller, o 8 deste mes, a través do Centro de Información á Muller (CIM).
En concreto, o Goberno local organizará un obradoiro de corresponsabilidade doméstica e un concerto de artistas femininas. Asorey explicou que a coincidencia do día da Muller con día laborable obrigou a que o Concello escollera as datas dos sábados 13 e 27 de marzo, respectivamente, para permitir unha maior participación da cidadanía.
En resume, con estas dúas accións preténdese cambiar o punto de vista tradicional do que veñen sendo os roles asociados ao home e á muller, como se ten procurado con outras iniciativas municipais como a exposición sobre mulleres científicas da Fundación Atapuerca.
Obradoiro de Corresponsabilidade doméstica
Ana Asorey informou de que o sábado 13 terá lugar, entre as 11 e 13 horas da mañá, un obradoiro de corresponsabilidade doméstica para homes, que será impartido pola Asociación de Homes Galegos pola Igualdade e no cal se dará formación aos asistentes sobre a realización de distintas tarefas domésticas. Neste acto colaborará o alcalde da Estrada, José Antonio Dono, quen dará algúns consellos sobre planchado.
Como explicou a concelleira, con esta actuación trátase de contribuír a desmontar os prexuízos que aínda existen en torno ao rol social feminino. Coa participación do propio alcalde, demóstrase que pasar o ferro ou facerse cargo doutras tarefas nun supón ningún tipo de problema para un home, nin ningunha clase de desprestixio, senón que se trata, simplemente, dunha actividade cotiá que homes e mulleres deben levar a cabo en pé de igualdade.
O obradoiro está aberto a todos os homes que desexen participar, e as inscricións poden realizarse ben no propio Centro de Información á Muller, ou ben no teléfono 986 59 01 51.
Concerto de rock e rap
O día 27 de marzo, na Praza do Mercado, haberá un concerto de intérpretes femininas. En concreto, serán a rapeira viguesa Aíd, e o grupo de rock pamplonés Las Culebras.
Neste caso, de novo trátase de cambiar a imaxe social tradicionalmente asociada á muller, rachando co estereotipo imperante nestes dous estilos musicais. Tanto no rap, como no rock, hai magníficas artistas que seguen a ser unha minoría nun mundo dominado polos homes, e no que lles custa ter oportunidades.
Aíd é unha das estrelas do momento do rap español. Con tan só 20 anos, acumula diversos galardóns, entre eles a proclamación como gañadora no Festival Heineken de 2008, ou o galardón de Artista do mes no portal de internet iTunes, en xullo de 2009.
Las Culebras son un grupo de rock integramente feminino, formado por catro rapazas navarras. Nos poucos anos que levan tocando xuntas, xa editaron dous elepés e compartiron cartel con bandas tan importantes como Sex Pistols, Hanoi Rocks, The Jayhawks ou The Fleshtones, e participaron en festivais tan recoñecidos como o Azkena Rock de Vitoria. Ademais, neste ano de 2010 están a xirar por países de toda Europa, como Francia, Portugal, Inglaterra, Italia, Noruega ou Alemania.
Mesa contra a violencia de xénero
Ana Asorey informou tamén da celebración da sesión constitutiva da Mesa Local contra a violencia de xénero, que terá lugar este xoves, 4 de marzo, ás 13:00 horas.
Nesta sesión se elixirá ao presidente/a da Mesa, ademais de facer unha valoración da situación da violencia de xénero no noso concello. Esta reunión contará, ademais, con representantes das FF SS do Estado e membros da Policía Local, quen establecerán canles para coordinar os seus traballos co persoal do Concello (CIM e Servizos Sociais) de cara a previr e, no posible, eliminar esta problemática.
Cesta da compra
Your Cart is currently empty. Calendario Eventos
Últimos Eventos
- CONVOCATORIA DA MESA SECTORIAL DE FORESTAL
August 05, 2010 (All Day) - CONVOCATORIA DA MESA SECTORIAL DE TURISMO
August 05, 2010 (All Day) - CONVOCATORIA DA MESA SECTORIAL EMPRESARIAL, COMERCIO E ARTESANÍA
August 05, 2010 (All Day) - CONVOCATORIA DA MESA SECTORIAL INSTITUCIONAL
August 06, 2010 (All Day) - VERBO XIDO PREPARA A HOMENAXE A FRANCISCO ARCA VALIÑAS E SECUNDINO BUGALLO IGLESIAS
August 13, 2010 (21:00 - 22:00) - REUNIÓN INFORMATIVA DA MESA VECIÑAL
October 15, 2010 (21:00 - 21:30) - CONGRESO DE TURISMO TERMAL
March 02, 2011(1:00) - March 06, 2011 (1:00) - FESTA DE ENTROIDO EN MESEGO
March 04, 2011(23:45) - March 08, 2011 (00:45) - GRUPO DE CONSUMO
June 23, 2011 (All Day) - ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DO GDR ULLA UMIA LÉREZ
May 09, 2012(9:00) - May 15, 2012 (21:00)





