Web de Ulla Umia Lerez

O MUSEO DA MADEIRA E DO MOBLE DA ESTRADA INAUGÚRASE O 26 DE MARZO


Vostede está en: Inicio Novas Socios Concello A Estrada O MUSEO DA MADEIRA E DO MOBLE DA ESTRADA INAUGÚRASE O 26 DE MARZO

As Asociacións

Accesibilidade


O MUSEO DA MADEIRA E DO MOBLE DA ESTRADA INAUGÚRASE O 26 DE MARZO

Print
E-mail
Friday, 12 March 2010 11:37
There are no translations available.

O vindeiro día 26 de marzo, venres, terá lugar a inauguración do Museo da Madeira e do Moble da Estrada. Trátase dunha iniciativa financiada con fondos Leader e xestionada a través da Fundación Cultural estradense.

A intención principal do Museo é dar a coñecer a importancia da madeira na nosa sociedade. Por unha banda, céntrase no papel da árbore e do bosque como elementos de biodiversidade e fundamentais no proceso de rexeneración atmosférica. Así, agárdase fomentar o sentimento de protección cara aos nosos bosques, poñéndoos en valor e impulsando a súa conservación.

Por outra banda, e dada a relación deste museo co sector industrial do noso concello, outra das liñas que recolle é a historia da produción de mobles na Estrada, desde as súas orixes ata hoxe en día. Así, se destaca a importancia da silvicultura como elemento económico, que contribúe á creación de riqueza no medio rural, e polo tanto ao asentamento da poboación.

A través de distintos elementos expositivos, faise un percorrido polas sucesivas fases de produción e elaboración, desde a corta, o procesado e o serrado, ata chegar á transformación final.

O museo céntrase na evolución da tecnoloxía de traballo da madeira, desde os primeiros tornos e serradoiros que dependían da forza humana ou de cursos de auga, ata as modernas fábricas actuais que se radican no noso territorio.

Un dos elementos destacables que contén o Museo é unha panoplia cunha ampla colección de ferramentas tradicionais de carpinteiros e ebanistas, cedidas por Antonio Garrido.  Deste xeito, búscase recoller a memoria do sector madeireiro na Estrada, recompilando tanto as ferramentas como referencias ás instalacións relacionadas con el.

De cara a visualizar a importancia que a madeira ten nas nosas vidas, o Museo inclúe entre as súas pezas varios mobles e elementos, tanto modernos como históricos, utilizados nas distintas fases da vida humana.

Ademais, o Museo alberga tamén espazo para as novas tecnoloxías e tendencias expositivas. Conta cunha sala de proxeccións, na cal se emitirá unha curtametraxe na cal participan coñecidos actores estradenses.

O percorrido expositivo ten unha clara intención didáctica e interactiva, buscando a complicidade e participación do visitante, e diríxese tanto ao público infantil como ao adulto.

Unha das instalacións consistirá nunha mostra de distintos anacos grazas á cal se poden comprobar as diferentes porosidades, durezas e densidades deste material, en función da súa árbore de procedencia, o cal condiciona tamén o seu posible aproveitamento.

A sala que alberga a exposición foi deseñada de xeito que esta pode adaptarse a distintos usos, coa intención de que poida servir de sede doutras iniciativas impulsadas polo empresariado local, como poden ser xornadas e charlas técnicas, ou outras iniciativas como obradoiros para nenos, sen perder a súa esencia museística.

De feito, cómpre destacar a colaboración dos mobleiros e profesionais da madeira estradenses no proceso de realización dos contidos do museo. O equipo responsable do museo entrevistouse con distintos artesáns e industriais da madeira locais ao longo dos meses pasados, para recabar información sobre os aspectos máis significativos de cada empresa e sobre as características do conxunto do sector.

Por último, sinalar que o Obradoiro de Emprego A Estrada VII colaborou na execución dos soportes expositivos e outro mobiliario deste museo.
 

Last Updated on Friday, 12 March 2010 18:11
 

Cesta da compra


Cesta vacia Your Cart is currently empty.

entrar_tenda.jpg

Calendario Eventos

April 2012
May 2012
Mo Tu We Th Fr Sa Su
1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31

Últimos Eventos


Acceso Socios




 Logotipo do Programa FEADER  Logotipo da Conselleria do Medio Rural   AGADER: Axencia Galega de Desenvolvemento Rural   Logotipo do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino  Logotipo do FEADER: Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural  
© GDR ULLA UMIA LÉREZ CENTRO COMARCAL DE TABEIROS-TERRA DE MONTES  / Estrada PO-841, S/N, Toedo / 36682 A Estrada Pontevedra

Logotipo que simboliza o cumplimento da Normativa W3C CSSLogotipo que simboliza o cumplimento da Normativa W3C XHTML 1.0Logotipo que simboliza o cumplimento da Normativa W3C de accesibilidad Nivel AA

Tlfn: 986570458
Web: www.ullaumialerez.eu
Email:secretaria@ullaumialerez.eu
Aviso Legal
Diseño Web:Iterdata Networks