Web de Ulla Umia Lerez

ENTROIDO EN CATOIRA


Vostede está en: Inicio Novas Socios Concello Catoira ENTROIDO EN CATOIRA

As Asociacións

Accesibilidade


ENTROIDO EN CATOIRA

Print
E-mail
Wednesday, 27 January 2010 14:17
There are no translations available.

O concello de Catoira tamén prepara actividades para estas datas. Sen dúbida o prato forte está no concurso de comparsas que se vai a  celebrar o domingo 14 de febreiro , de seguido expoñemos as normas básica de participación e os premios.

CONCURSO COLECTIVO:
As comparsas deberán estar integradas por un mínimo de 15 persoas.
Un incentivo de 200 euros para cada asociación de Catoira que presente unha comparsa ó Entroido 2010. As asociacións que se presenten deberán estar legalmente constituídas e ter realizado actividades durante o ano 2009.
Tres premios á creatividade para comparsas:

  • 1º Premio: 300 €
  • 2º Premio: 200 €
  • 3º Premio: 100 €

As asociacións e grupos interesados en participar deberán inscribirse na Biblioteca Pública Municipal (Tf. 986 54 68 01). O prazo remata o mércores 10 de febreiro. As asociacións de Catoira deberán axuntar ó boletín de inscrición unha fotocopia do CIF.
As comparsas que se presenten ó concurso deberán representar a idea central do seu disfrace na Festa de Disfraces que terá lugar no Pavillón Municipal de Deportes despois do desfile polas rúas do municipio o domingo 14 de febreiro.
Os premios ás mellores comparsas serán outorgados por votación do público asistente.

DESFILE DE DISFRACES INFANTIL:
Tódolos rapaces/zas que acudan disfrazados/as e participen no desfile que se celebrará no Pavillón Municipal de Deportes recibirán unhas lambonadas.

O desfile de comparsas e disfraces sairá da Praza do Doutor Vázquez e percorrerá a Rúa da Estación para rematar no Pavillón Municipal de Deportes.
Tódolos/as participantes deberán concentrarse na Praza do Dr. Vázquez ás 17,30 horas do domingo 14 de febreiro de 2010.
 

E para rematar a festa non deixedes de asistir a mexillonada popular.

Ademais do concurso de disfraces o sábado 20  todos os veciños poderán asistir á representación do conto animado "Peer Gynt" no salón de actos do Edificio Felipe Aragunde.

Last Updated on Wednesday, 27 January 2010 14:51
 

Cesta da compra


Cesta vacia Your Cart is currently empty.

entrar_tenda.jpg

Calendario Eventos

April 2012
May 2012
Mo Tu We Th Fr Sa Su
1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31

Últimos Eventos


Acceso Socios




 Logotipo do Programa FEADER  Logotipo da Conselleria do Medio Rural   AGADER: Axencia Galega de Desenvolvemento Rural   Logotipo do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino  Logotipo do FEADER: Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural  
© GDR ULLA UMIA LÉREZ CENTRO COMARCAL DE TABEIROS-TERRA DE MONTES  / Estrada PO-841, S/N, Toedo / 36682 A Estrada Pontevedra

Logotipo que simboliza o cumplimento da Normativa W3C CSSLogotipo que simboliza o cumplimento da Normativa W3C XHTML 1.0Logotipo que simboliza o cumplimento da Normativa W3C de accesibilidad Nivel AA

Tlfn: 986570458
Web: www.ullaumialerez.eu
Email:secretaria@ullaumialerez.eu
Aviso Legal
Diseño Web:Iterdata Networks