Grupo Consumo GDR-20
Proxectos
As Asociacións
Novas
Outras Axudas
Accesibilidade
AS ASOCIACIÓNS ESPADELA E VERBO XIDO ULTIMAN OS DETALLES PARA A VIAXE AO COUREL.
Monday, 31 May 2010 12:26
There are no translations available.
Día das Letras Galegas: excursión ao Courel de Uxío Novoneyra
Sábado 5 de xuño de 2010. Prazas limitadas, a ocupar segundo orde de inscrición.
Saída de Cerdedo ás 8h, na parada do bus de liña.
Chegada ás 21h-22h, ao mesmo lugar.
Prezo da excursión: os/as socios/as só os 12€ por persoa do xantar. As asociacións cubren o custo do autobús, que é de balde. A xente que non é socia, deberá pagar ademais os 15€ que cubren o custo do autobús.
Percorreremos os lugares máis emblemáticos do universo do escritor, galardonado co Día das Letras Galegas deste ano.
Itinerario:
Cerdedo-Monforte-Bóveda-Cruz do Incio. Parada para tomar un café na Cruz do Incio.
Entrada no Courel por Seceda, lugar rehabilitado e declarado de Interese Cultural. Breve paradiña para estirar as pernas e afacernos á paisaxe e á arquitectura popular do Courel.
No Courel, veremos:
Ferreiría de Seoane ou Ferreiría Nova, onde visitaremos un edificio construído en 1809 e que hoxe é unha das poucas ferreirías que se conservan, ao pé do Río Lor.
Parada, lugar de nacemento do poeta: veremos a súa casa, o edificio onde puxo escola a tamén poetisa e amiga de Uxío María Mariño, o souto de castiñeiros, e contaremos historias do lugar.
Moreda, lugar perto de Parada onde existe un Centro de Interpretación da Natureza, moi interesante para sabermos disfrutar da paisaxe e da natureza do Courel. Se hai tempo, poderemos tamén percorrer o primeiro tramo da rota que leva á Devesa de Rogueira, o espazo natural máis importante do Courel, con impresionantes vistas.
Xantaremos en Seoane do Courel, a población máis importante da bisbarra. Despois do café faremos unha breve visita ao camposanto de Seoane, onde están soterrados os pais de Uxío e a súa amiga a mestra e poetisa María Mariño, e falaremos por boca de Uxío dalgunhas das historias da Guerra Civil por aquelas contornas.
Pola serán, visitaremos a fermosa campa de Esperante, con capela, sequeiros de castañas e pombal, para disfrutar do remate da primavera no Courel. E se queda tempo, na tardiña nos achegaremos ao Castelo de Carbedo, emprazado enriba dunha rocha nunha maxestuosa paisaxe.
En cada un destes lugares, leeremos breves fragmentos de poemas de Uxío Novoneyra relativos a estes paraxes; así entenderemos mellor a súa poesía e a terra que tanto amou e defendeu.
Retorno ás 18h 30m-19h.
Comida no Restaurante “Anduriña”.
Menú:
1º plato, empanada de legumes ou entremeses
2º plato, terneira con castañas ou carneiro guisado.
Postre: doces da casa.
Pan, viño, cervexa, auga, café (con gotas).
Prezo por persoa: 12 €
Cada persoa terá un agasallo consistente nunha pequena biografía de Uxío Novoneyra publicada pola Editorial A Nosa Terra, un mapa co itinerario, e os fragmentos de poemas de Uxío Novoneyra que se leerán nas distintas paraxes.
Para apuntarse, escribir ao correo
This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it
ou chamando aos teléfonos 986-753412 ou 647081544
ORGANIZAN: Asociación de Mulleres “ Espadela”
Asociación Ecoloxista e Cultural “Verbo Xido”
¡¡¡VÉN CONNOSCO A PASAR UN DÍA PARA NON ESQUECER!!!
Last Updated on Monday, 31 May 2010 12:30
Cesta da compra
Your Cart is currently empty. Calendario Eventos
Últimos Eventos
- CONVOCATORIA DA MESA SECTORIAL DE FORESTAL
August 05, 2010 (All Day) - CONVOCATORIA DA MESA SECTORIAL DE TURISMO
August 05, 2010 (All Day) - CONVOCATORIA DA MESA SECTORIAL EMPRESARIAL, COMERCIO E ARTESANÍA
August 05, 2010 (All Day) - CONVOCATORIA DA MESA SECTORIAL INSTITUCIONAL
August 06, 2010 (All Day) - VERBO XIDO PREPARA A HOMENAXE A FRANCISCO ARCA VALIÑAS E SECUNDINO BUGALLO IGLESIAS
August 13, 2010 (21:00 - 22:00) - REUNIÓN INFORMATIVA DA MESA VECIÑAL
October 15, 2010 (21:00 - 21:30) - CONGRESO DE TURISMO TERMAL
March 02, 2011(1:00) - March 06, 2011 (1:00) - FESTA DE ENTROIDO EN MESEGO
March 04, 2011(23:45) - March 08, 2011 (00:45) - GRUPO DE CONSUMO
June 23, 2011 (All Day) - ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DO GDR ULLA UMIA LÉREZ
May 09, 2012(9:00) - May 15, 2012 (21:00)





