Web de Ulla Umia Lerez

OITAVO NÚMERO DA REVISTA "CARREIROS" PUBLICADA POLA ASOCIACIÓN CULTURAL " A FERVENZA DE OUZANDE"


Vostede está en: Inicio Novas Socios Fervenza Ouzande OITAVO NÚMERO DA REVISTA "CARREIROS" PUBLICADA POLA ASOCIACIÓN CULTURAL " A FERVENZA DE OUZANDE"

As Asociacións

Accesibilidade


OITAVO NÚMERO DA REVISTA "CARREIROS" PUBLICADA POLA ASOCIACIÓN CULTURAL " A FERVENZA DE OUZANDE"

Print
E-mail
Wednesday, 03 March 2010 09:43
There are no translations available.

A AC A Fervenza de Ouzande publica o oitavo número da sua revista de difusión socio-cultural, CARREIROS, que se edita a toda cor. Os temas son os seguintes:

  • Neste número continuamos a serie, iniciada en números anteriores dedicada á investigación sobre os emigrantes ouzandeses noutras latitudes, baixo o título “Memoria da emigración”. Neste caso inclúese un artigo sobre Manolo de Chedas, emigrante en Sao Paulo, Brasil. (O artigo basease nunha entrevista gravada e realizada por Manuel de Cabanas, emigrante e “correspondente” de Carreiros na diáspora)
  • Crónica da viaxe do grupo de música Retrouso a Bretaña.
  • Creación literaria: Poemas de Manuel Cabanas, emigrante ouzandés no Brasil, e do estradense Senén Campos Maceiras.
  • Premio San Martiño de Normalización Lingüística. Discurso na entrega do premio. Casas de Ouzande. Neste número iniciamos unha serie, que continuará en edicións próximas, sobre casas senlleiras da parroquia. Comezamos coa casa do cura.
  • Tamén encetamos outra serie, baixo o epígrafe: Os nomes de Ouzande, onde repasaremos a toponimia da parroquia.

Outras seccións:

  • Editorial
  • Memoria Fotográfica
  • Crónica de actividades, onde se recolle un resume das actividades levadas a cabo pola Asociación en 2009.

O consello de redaccion está formado por:
Laura Rosende Torres
Noelia Bouzón Docampo
Manuel Rosende Torres
Xabier Camba Sanmartín e
Rosa Herraiz Cabanas, encargada do deseño e maquetación

Realizouse unha tiraxe de 300 exemplares.
A revista pode adquirirse nos seguintes establecementos:
Taberna de Ouzande
Café A Farola
Libraría Alberte Quiñoi
Café A Caldesiña
Tamén se poden solicitar exemplares a This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it
(Achégase portada da publicación)
Agradecéndolle anticipadamente a súa colaboración, reciba un saúdo
Toda a información da Asociación en http://carreiros.blogspot.com
Asociación Cultural A Fervenza de Ouzande

Last Updated on Wednesday, 03 March 2010 14:31
 

Cesta da compra


Cesta vacia Your Cart is currently empty.

entrar_tenda.jpg

Calendario Eventos

April 2012
May 2012
Mo Tu We Th Fr Sa Su
1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31

Últimos Eventos


Acceso Socios




 Logotipo do Programa FEADER  Logotipo da Conselleria do Medio Rural   AGADER: Axencia Galega de Desenvolvemento Rural   Logotipo do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino  Logotipo do FEADER: Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural  
© GDR ULLA UMIA LÉREZ CENTRO COMARCAL DE TABEIROS-TERRA DE MONTES  / Estrada PO-841, S/N, Toedo / 36682 A Estrada Pontevedra

Logotipo que simboliza o cumplimento da Normativa W3C CSSLogotipo que simboliza o cumplimento da Normativa W3C XHTML 1.0Logotipo que simboliza o cumplimento da Normativa W3C de accesibilidad Nivel AA

Tlfn: 986570458
Web: www.ullaumialerez.eu
Email:secretaria@ullaumialerez.eu
Aviso Legal
Diseño Web:Iterdata Networks