Grupo Consumo GDR-20
Proxectos
As Asociacións
Novas
Outras Axudas
Accesibilidade
ACOE
Nome
ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES DE A ESTRADA
Historia
Potenciar o atractivo das zonas comerciais tradicionais, supón poder garantir unha maior liberdade de elección por parte da poboación á hora de seleccionar o seu lugar de compra, fomentar a competencia entre iguais, e evitar situacións predominantes a favor das grandes superficies comerciais do extrarradio, é por iso que en 1998 fórmase a Asociación de Comerciantes de A Estrada (ACOE).
A Asociación de Comerciantes de A Estrada, xorde dunha serie de inquedanzas e posta en común dun grupo de comerciantes da nosa Vila, a prol de conquerir un comercio mellor organizado e máis competitivo, ante a implantación dunha serie de grandes superficies moi preto de nós.
Destas inquedanzas, no ano 1998, os comerciantes atopamos o xérmolo do que actualmente representa esta asociación. A día de hoxe, esta iniciativa engloba aos sectores máis representativos do comercio do noso pobo, a fin de organizar e reorganizar o comercio existente.
Esta asociación conta á data, cun Centro Comercial Aberto que xorde no ano 2003, a raíz da elaboración dun estudo de viabilidade promovido polo Sector Comercial Retallista de Galicia.
A través do Centro Comercial Aberto, tratamos de darlle ó comercio de proximidade a importancia que ten, tratando de fomentar a igualdade no acceso á oferta comercial, evitando desprazamentos (evitando emisións de CO2), e facendo a nosa Vila máis sociable e atractiva.A calidade e competitividade, son características indispensables nos albores deste século XXI e para conquerílas é necesario realizar un esforzo común.
Debemos ser conscientes e afrontar os retos do mercado actual, partindo dunha visión consensuada que entre todos nos encargamos de redifinir.
As estratexias colectivas son as que nos van a permitir competir e acadar novas cuotas de mercado e rendemento.
Qué facemos?
A Asociacion de Comerciantes de a Estrada pretenser ser un referente dentro das asociacions de comerciantes mediante a busqueda continua de ventaxas competitivas para todolos asociados, e nesa labor centramos todolos nosos esforzos.
Pretendemos que todolos comercios da Estrada se animen a asociarse para poder conseguir mayor representacion ante os estamentos e poder conseguir mais subvencions e acordos que nos permitan facer mais facil o traballo de todolos comercios e animar a todolos conveciños a comprar na Estrada.
Para todo esto ofrecemos diversos servicios a todos os nosos socios tales como:
- Asesoramiento para solucitud de axudas, formacion, descontos,etc.
- Gestion de denuncias en relacion a labor comercial dos asociados.
- Elaboracion de campañas de Rebaixas, feiras de oportunidades, etc.
Contacta
www.acoe.es
Videos / Fotos
Cesta da compra
A túa cesta está actualmente baleira.

ACOE



