Web de Ulla Umia Lerez

ADEGA


Vostede está en: Inicio ADEGA

As Asociacións

Accesibilidade


ADEGA

Imprimir
Correo-e
Mércores, 07 Outubro 2009 01:00

Nome

ASOCIACIÓN PARA A DEFENSA ECOLÓXICA DE GALICIA - ADEGA

Historia

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) é unha asociación ecoloxista democrática, independente e sen ánimo de lucro que traballa na defensa do medio ambiente galego e global do que depende a nosa calidade de vida. ADEGA avoga por un modelo de desenvolvemento ecoloxicamente sostible e socialmente xusto, sen destrución ambiental que reduza as desigualdades dentro de cada país e entre países.
ADEGA é a asociación de defensa ambiental máis activa e con maior implantación do noso país, cunha experiencia de traballo de máis de 30 anos. Centramos o noso traballo en Galicia sen por iso deixar de ter unha visión global da problemática ambiental e de exercer na medida das nosas posibilidades a solidariedade coas loitas ambientalistas de outros pobos.
ADEGA entende que a diversidade biolóxica ten o seu reflexo na diversidade cultural e que ambas deben ser preservadas. Isto supón no noso caso asumir un compromiso coa defensa da cultura e a lingua propias de Galicia.
ADEGA forma parte da Federación Ecoloxista Galega (FEG) que agrupa á maioría das asociacións ecoloxistas galegas, da Oficina Europea do Ambiente (OEA), a federación constituída polas organizacións de defensa do ambiente máis importantes da Unión Europea, da Federación Transporte e Medio Ambiente Europea, da Plataforma Nunca Máis, da Coordinadora para a Defensa dos Ríos (COGADER) e da Coordinadora para o Estudio dos Mamíferos Mariños (CEMMA).
 

Qué facemos?

ADEGA abrangue coa mesma paixón o ámbito de denuncia ecolóxica como o da educación ambiental, considerándoos como dúas caras dunha mesma moeda; a mellora e coidado do medio ambiente. Deste xeito ten promovido a ILP póla defensa dos nosos ríos (ano 2006), posto a exposición pública innumerables atentados ecolóxicos, denunciado agresións medioambientais, traballado en cuestións de xénero (A Muller e o Coidado do Contorno Natural), promovido un modelo alternativo de tratamento dos residuos caseiros (Compostaxe Caseira), apostado pola eficiencia enerxética (Fogares Verdes), posto en marcha programas de voluntariado ambiental, desenvolvido un proxecto tecnolóxico e educativo de depuración natural de augas residuais, etc.


ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza) leva máis de 5 anos promovendo o programa de educación e voluntariado ambiental, Proxecto Ríos. Este programa non contempla unicamente os ríos dende un punto de vista natural, se non que se enfoca tamén dende unha perspectiva cultural e humana, tentando destacar a importancia da integración dos sistemas fluviais nos ecosistemas humanos. A posta en marcha desta iniciativa trata de respostar a unha problemática de ámbito galego (e tamén global) como é a contaminación e o deterioro dos ríos, un dos problemas ambientais máis graves de Galiza, expresamente citado na Estratexia Galega de Educación Ambiental (EGEA en adiante)(páxina 42). No Proxecto Ríos, preténdese contribuír á búsqueda de solucións aos problemas ligados aos ecosistemas fluviais e incrementar a conciencia ambiental sobre eles, partindo do principio de participación da cidadanía, tal e como se recomenda na EGEA.
 

Contacta

Podes contactar connosco na dirección de correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo e Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .

Videos / Fotos

Curso de formación Curso de formación
Visita o muiño Roteiro
Inspección Inspección
Inpección Inspección
Bambu Charla presentación
Curso de formación
Última actualizaciónfeita en Sábado, 10 Outubro 2009 16:28
 

Cesta da compra


Cesta vacia A túa cesta está actualmente baleira.

entrar_tenda.jpg

Eventos ADEGA

Abril 2012
Maio 2012
Lu Ma M& Xo Ve S& Do
1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31

Últimos ADEGA


Novas ADEGA


 Logotipo do Programa FEADER  Logotipo da Conselleria do Medio Rural   AGADER: Axencia Galega de Desenvolvemento Rural   Logotipo do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino  Logotipo do FEADER: Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural  
© GDR ULLA UMIA LÉREZ CENTRO COMARCAL DE TABEIROS-TERRA DE MONTES  / Estrada PO-841, S/N, Toedo / 36682 A Estrada Pontevedra

Logotipo que simboliza o cumplimento da Normativa W3C CSSLogotipo que simboliza o cumplimento da Normativa W3C XHTML 1.0Logotipo que simboliza o cumplimento da Normativa W3C de accesibilidad Nivel AA

Tlfn: 986570458
Web: www.ullaumialerez.eu
Email:secretaria@ullaumialerez.eu
Aviso Legal
Diseño Web:Iterdata Networks