Grupo Consumo GDR-20
Proxectos
As Asociacións
Novas
Outras Axudas
Accesibilidade
amuruco
Nome
amuruco
Historia
A Asociación de Mulleres Rurais de Codeseda comezou a súa andaina no ano 1994 cun grupo formado por vinte mulleres rurais con inquedanzas socioculturais, tales como:
- Defender os intereses das mulleres do rural.
- Proporcionarlles ás mulleres do medio rural formación profesional e cultural, contribuíndo á súa total realización laboral e persoal.
- Mellorar o medio rural mediante un óptimo aproveitamento dos recursos dispoñibles, que lles permita ás mulleres unhas axeitadas condicións de vida.
- Fomentar e mellorar as relacións entre as persoas da localidade.
- Con estes ideais, a asociación comezou a realizar formación para ampliar os coñecementos das mulleres en campos tales como restauración e tapizado de mobles, informática, manualidades, cociña, pintura, decoración de interiores e agricultura, así como a organizar charlas, conferencias e excursións.
Desde hai unha década prestámoslle unha especial atención á recuperación da artesanía galega, a través da formación e investigación en deseño e encaixe de palillos, vainicas antigas, tecido en tear manual e confección de tapices, alfombras e encaixes.
Qué facemos?
Promoción social, cultural e laboral da muller rural e dinamización do medio rural.
Curso continuo de encaixe e deseño de variadas técnicas: torchón, guipure, milan ruso, schneebecer, idria, cantú, honiton, chantilly, checo, historia e catalogación do encaixe.
Labores: vainicas, punto cruz, yugoslavo, calceta, ganchillo, modista...
Outras: cursos de cociña, conservas, licores, encuadernación, xabóns, artesanais, patchwork (retalería), ximnasia, natación, agricultura ecolóxica, viveirista, informática...
Charlas de moitos e variados temas.
Contacta
Mª Carmen López Eirín. Tfno.: 986 584 256
Videos / Fotos
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Cesta da compra
A túa cesta está actualmente baleira.

amuruco







