Grupo Consumo GDR-20
Proxectos
As Asociacións
Novas
Outras Axudas
Accesibilidade
Bautista Alvarez
Martes, 30 Novembro 1999 01:00
Nome
Fundación BAUTISTA ALVAREZ DE ESTUDIOS NACIONALISTAS
Historia
Presentación
A Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas, constitúese en xullo de 2004 como Fundación de interese galego sen ánimo de lucro.
Obxectivos
- Promover a recuperación de toda aquela documentación, sexa gráfica, escrita ou noutro soporte, que se xerou ao longo do século XX e que constitúa elemento de identidade do movemento nacionalista galego, especialmente na segunda metade do século.
- Ser centro de documentación, consulta e estudo sobre as actividades das organizacións nacionalistas xurdidas fundamentalmente nas décadas dos 60, 70 e 80 do século XX xa sexan de carácter cultural, estudantil, sindical, ambiental ou político, nas que a Unión do Povo Galego, ben de xeito directo ou indirecto, participou na súa xestación, constitución e/ou organización.
- Difundir entre os galegos e as galegas os estudos sobre a realidade da nación galega e a súa sociedade que contribúan a un mellor coñecemento da realidade da Galiza e do mundo, influíndo para desenvolver unha sociedade plenamente democrática. Tamén difundirá, a escala internacional, a realidade social e política da Galiza como nación.
- Convocar cursos, xornadas e debates sobre temas relativos ao nacionalismo e ao marxismo nas súas dimensións política, social, cultural e económica.
Qué facemos?
- Edición de revistas, primordialmente da cabeceira histórica Terra e Tempo .
- Edición de libros ou outras publicacións ou participando na súa promoción mediante as axudas correspondentes.
- Organización dun arquivo do nacionalismo galego da segunda metade do século XX.
- Promoción e organización de exposicións e actividades públicas co fin de difundir os obxectivos fundacionais.
- Estabelecer as axudas, becas, estudos, premios e calquera outra iniciativa que contribúa a arriquecer o patrimonio documental e a difusión dos obxectivos fundacionais.
Contacta
www.bautistaalvarez.org
Videos / Fotos
Última actualizaciónfeita en Luns, 26 Outubro 2009 12:11
Cesta da compra
A túa cesta está actualmente baleira.

Bautista Alvarez



