Web de Ulla Umia Lerez

CIG Estrada


Vostede está en: Inicio CIG Estrada

As Asociacións

Accesibilidade


CIG Estrada

Imprimir
Correo-e
Martes, 30 Novembro 1999 01:00

Nome

CIG A Estrada

Historia

Que é a Confederación Intersindical Galega?

A Confederación Intersindical Galega (CIG) xorde do seu congreso fundacional, o 19 de marzo de 1994, e é a converxencia das dúas centrais sindicais galegas, CXTG e INTG, que asinaran previamente un pacto de alianza o 2 de abril de 1990.

A orixe da CIG, e da INTG e CXTG, remóntase ás loitas sindicais da década dos 70 en Galiza, co nacemento de varias organizacións sectoriais, entre as que cómpre salientar o SOG (Sindicato Obreiro Galego), que deu orixe no ano 1977 á ING (Intersindical Nacional Galega), que se unificará posteriormente coa CTG (Confederación de Traballadores Galegos) e mais a CSG (Central Sindical Galega). Deste proceso de converxencia nacen a INTG e a CXTG, que agora se unifican na CIG.

A CIG é un sindicato de clase que defende a identidade nacional de Galiza e a autoorganización dos traballadores e traballadoras, que practica a solidariedade e o internacionalismo, que considera un principio fundamental a democracia e a participación, que respecta o pluralismo, que mantén a independencia respecto de calquera outra organización ou institución, que se expresa en galego e impulsa a nosa cultura e idioma.

A Confederación Intersindical Galega ten como obxectivos básicos a mellora progresiva e xeral, individual e colectiva, dos traballadores e traballadoras; o impulso do Marco Galego de Relacións Laborais e a construción da Central Sindical Única Galega; a defensa do pleno exercicio dos dereitos humanos, individuais e colectivos, incluíndo o dereito de autodeterminación; a loita por unha nova orde económica internacional, máis xusta e solidaria; a reforma do marco xurídico e político que permita a Galiza ser suxeito de pleno dereito dentro da Unión Europea e contar con plena capacidade de actuación en todas as materias, etc.

O Consello Confederal da CIG, máximo organismo entre Congresos, reúnese cada 3 meses e conta cuns 100 membros. O Secretariado está composto por 29 membros, ten como finalidade facer o seguimento da acción sindical e reivindicativa sectorial e comarcal, e reúnese cada mes e medio. E a Executiva Confederal está composta por 12 membros e xúntase cada semana ordinariamente. O Secretario Xeral exerce a máxima representación da CIG e coordina os organismos confederais a nivel nacional. Todos os membros da Executiva e o Secretario Xeral son elixidos en Congreso.

A Confederación Intersindical Galega está integrada por 8 comarcas (Vigo, A Coruña, Pontevedra, Santiago de Compostela, Ferrol, Ourense, Lugo e A Mariña) e 9 federacións sectoriais (Administración Pública; Banca, Aforro e Seguros; Construción e Madeira; Ensino; Metal; FGAMT (Alimentación, Mar, Téxtil e Transporte e Comunicacións); Químicas e Enerxía; Saúde; Servizos).

A afiliación realízase na central sindical, que conta con 55 locais en todo o país dedicados a temas especificamente laborais, e unha ducia máis para formación ocupacional e continua (de traballadores/as en paro ou activo). A sede central está na cidade de Compostela e é o centro de reunións dos organismos. A Confederación conta cunha publicación periódica propia, o Tempo Sindical, que ten unha tiraxe de 65.000 exemplares así como cun Boletín Sindical de 10.000 exemplares dedicado a temas e feitos puntuais. Así mesmo, posúe o sitio web www.galizacig.com, que se renova diariamente.
 

Qué facemos?

 Obxectivos

Recollendo do património comun aquelas ideas forza máis reveladoras da nosa razón de ser como organización, explicitamos como obxectivos da CIG os seguintes:

  • A mellora progresiva e xeral, individual e colectiva dos intereses das traballadoras e dos traballadores, da própria organización e do conxunto da sociedade galega, das condicións laborais e da calidade de vida.
  • O Marco Galego de Relacións Laborais e a construción da Central Sindical Única Galega.
  • A aprofundación democrática e social constante cara a achegar-nos a unha nova sociedade máis xusta e máis humana, sen explotación económica nen opresión política, caisquer que sexan as formas en que estas se manifesten. Por iso pretendemos a superación do sistema capitalista e a construción do socialismo.
  • O pleno exercício de todos os direitos humanos, individuais e sociais, sen discriminacións, incluído o de Autodeterminación.
  • Promovermos o máximo respeito á dignidade humana, a paz, a democrácia, a xustiza social e a igualdade, a aplicación da Declaración Universal dos Direitos Humanos através da acción colectiva das traballadoras e dos traballadores. Fomentarmos a solidariedade internacional, o bo entendimento e a boa vontade universais, o antimilitarismo, a solución pacífica dos conflitos, o desarmamento e a reconversión da indústria militar en civil, asi como unha nova orde internacional xusta.
  • Exixirmos a utilización pacífica, racional e ao servizo de toda a Humanidade dos avanzos científicos e tecnolóxicos, e impulsarmos modelos produtivos enerxéticos fundamentados ecoloxicamente.
  • Loitarmos contra toda forma de racismo, xenofóbia ou prexuízo e discriminación na sociedade en razón de sexo, estado civil, enfermidade, idade, língua, relixión, opinión política, opción sexual, posición social ou económica, orixe étnica, nacional ou cultural.
  • Impulsarmos a participación sociopolítica e a inserción laboral e profisional das mulleres e mocidade na sociedade, asegurando a igualdade de oportunidades e a auséncia de discriminacións, pularmos, de modo especial, polo seu papel dirixente nas organizacións sindicais.
  • Elevarmos e defendermos os direitos sindicais da afiliación através do apoio xurídico, laboral, etc., ante os organismos e foros que for necesário. Fomentarmos a organización e a solidariedade e o apoio mútuo como mecanismo de defensa dos seus intereses.
  • Promovermos as estruturas e accións necesárias para a plena integración na sociedade dos grupos máis desfavorecidos, co obxecto de eliminarmos as bolsas de extrema pobreza e marxinalidade combatendo as causas que as producen.
  • Pularmos pola completa normalización lingüística do idioma próprio de Galiza

Contacta

 Rúa Capitán Bernal 10, segundo andar

36680 A Estrada

Telf: 986590900

www.galizacig.com

Videos / Fotos

 

Última actualizaciónfeita en Luns, 26 Outubro 2009 12:27
 

Cesta da compra


Cesta vacia A túa cesta está actualmente baleira.

entrar_tenda.jpg

Novas CIG A Estrada

Eventos CIG A Estrada

Abril 2012
Maio 2012
Lu Ma M& Xo Ve S& Do
1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31

 Logotipo do Programa FEADER  Logotipo da Conselleria do Medio Rural   AGADER: Axencia Galega de Desenvolvemento Rural   Logotipo do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino  Logotipo do FEADER: Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural  
© GDR ULLA UMIA LÉREZ CENTRO COMARCAL DE TABEIROS-TERRA DE MONTES  / Estrada PO-841, S/N, Toedo / 36682 A Estrada Pontevedra

Logotipo que simboliza o cumplimento da Normativa W3C CSSLogotipo que simboliza o cumplimento da Normativa W3C XHTML 1.0Logotipo que simboliza o cumplimento da Normativa W3C de accesibilidad Nivel AA

Tlfn: 986570458
Web: www.ullaumialerez.eu
Email:secretaria@ullaumialerez.eu
Aviso Legal
Diseño Web:Iterdata Networks