Grupo Consumo GDR-20
Proxectos
As Asociacións
Novas
Outras Axudas
Accesibilidade
COGAMI
Nome
COGAMI
Historia
A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) é unha entidade sen ánimo de lucro declarada de utilidade pública e recoñecida legalmente como entidade colaboradora en materia social en favor das persoas con discapacidade física.
Ten como finalidade a integración social das persoas con discapacidade da Comunidade Autónoma de Galicia, para o cal promove e coordina un movemento asociativo con obxectivos e valores similares á vez que presta unha serie de servizos totalmente gratuítos para as persoas con discapacidade e as súas familias. Un destes servizos é a elaboración dunha Guía de Recursos para informar ás persoas con discapacidade, ás súas familias e á pobocación xeral sobre os programas, servizos, vivenda, beneficios fiscais... que están ofertados especificamente para este colectivo dacorco co disposto nas normativas vixentes para o 2009.
A aposta de COGAMI polo emprego constitúe un dos eixos fundamentais para a integración e normalización das persoas con discapacidade, non só pola independencia económica que aporta, senón tamén, como elemento de socialización. Por este motivo, existe o Grupo COGAMI (Galega de Economía Social, S.L.), grupo empresarial de economía social formado por 14 iniciativas que dan emprego a máis de 600 persoas con discapacidade.
Qué facemos?
- INFORMACIÓN E ASESORAMENTO
A Rede de Información e Asesoramento pretende mellorar os servizos de atención ás persoas con discapacidade e ás súas familias, así como a outras entidades públicas e privadas, co obxectivo de mellorar o seu desenvolvemento persoal e social.
Desde os diferentes puntos de atención de COGAMI (oficinas e asociacións membro), realízase un Servizo de Información, Asesoramento e Orientación a través de:
- Entrevistas presenciais en calquera dos puntos de atención anteriormente nomeados.
- Información telefónica sobre calquera tema relacionado coa discapacidade.
- Información a través do correo electrónico. Obterá resposta o seu correo na maior brevidade posible.
A temática destas consultas pode estar relacionada co asociacionismo, autoemprego, axuda domiciliaria, axudas económicas, axudas técnicas, asesoría xurídica, barreiras, CEE, centros residenciais, certificado de minusvalía, servizos de COGAMI, dependencia, educación, emprego, formación, ocio, vivenda, voluntariado e outros moitos temas que inqueden ás persoas.
Os demandantes de información, asesoramento e orientación poden ser as propias persoas con discapacidade, familiares, amigos/as, veciños/as, profesionais de referencia, etc..
Intervención Social
As persoas con discapacidade e, especificamente, as que se atopan en situación de dependencia, son máis vulnerables desde o punto de vista social, posto que están expostas a un maior risco de exclusión.
En xeral, os entornos, as prácticas e as actitudes sociais non están concebidas para que as persoas con discapacidade leven unha vida autónoma, activa, axudando a minimizar as limitacións que poden ter.
É necesario ir mellorando esta situación a través dunha intervención integral e transversal, desde os distintos ámbitos. As potencialidades, atoparémolas, non só na persoa en si, senón tamén na súa interacción coa contorna; de aí que sexa moi importante ter en conta o grupo familiar, o entorno e as interrelacións establecidas.
Para lograr isto, COGAMI conta con varios puntos de atención (Santiago, Lugo, Vigo, A Coruña e Monforte) así como un equipo de profesionais composto por traballadoras sociais, asesores/as legais, orientadores/as laborais, adminstrativos/as, etc, conformando un equipo interdisciplinar para lograr a integración e normalización das persoas con discapacidade a todos os niveis.
Niveis de intervención social:
- Traballo e apoio social coas persoas con discapacidade a nivel individual e persoal.
- Traballo e apoio social coas familias.
- Traballo e apoio grupal (aulas, cursos de formación a distancia, talleres prelaborais,...)
- Traballo coa comunidade coordinando e colaborando con entidades e profesionais.
- Traballo con outras entidades públicas ou privadas.
- FORMACIÓN
As actividades formativas que leva a cabo COGAMI estrutúranse en dúas modalidades:
Formación profesional: diríxese a potenciar a inserción profesional da poboación demandante de emprego, mediante a cualificación, a recualificación ou a posta ó día das súas competencias profesionais.
Trátase de cursos que doten á persoa dos coñecementos e habilidades mínimas de cara a súa futura inserción. Formación en especialidades administrativas, informáticas, xardinería, axuda a domicilio...
Formación continua de profesionais: encádrase dentro da formación continua para traballadores de COGAMI, co obxectivo de fomentar as técnicas e mecanismos necesarios para acadar os maiores graos de excelencia na prestación de servizos para as persoas con discapacidade. Tamén se organizan a nivel interno cursos específicos sobre seguridade no posto de traballo e sobre prevención de riscos laborais.
- EMPREGO-SIL
O Servizo de Intermediación Laboral (SIL) nace co propósito de servir de ferramenta para as persoas con discapacidade na busca de emprego ou na mellora do que xa teñen.
- ACCESIBILIDADE
Dende COGAMI, a loita pola implantación dunha Accesibilidade Universal en todos os marcos sociais foi, dende o seu nacemento, un punto fundamental.
Como froito deste esforzo colectivo nace o Departamento de Accesibilidade para atender de xeito especializado os asuntos relacionados coa eliminación de barreiras arquitectónicas.
Actualmente, este departamento atende, proxecta e resolve consultas formuladas dende entes públicos e privados, procedentes de toda a xeografía galega.
Co obxectivo de ampliar as súas fronteiras e de potenciar este servizo, estase a elaborar un portal web dedicado unicamente á accesibilidade para ofrecer a nosa experiencia na eliminación de barreiras arquitectónicas e conseguir unha participación colectiva mediante o uso de foros públicos moderados por profesionais no campo.
Mentras tanto, os que estean interesados en facer algunha consulta sobre accesibilidade poden contactar connosco en: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
- OCIO E TEMPO LIBRE
Unha parte fundamental da vida de calquera persoa é o relativo ao goce do seu ocio e tempo libre. A participación das persoas con discapacidade neste tipo de actividades é un dos obxectivos que trata de alcanzar COGAMI a través do Proxecto GAVEA e do Programa de Vacacións.
- DIFUSIÓN E SENSIBILIZACIÓN
Achegar a discapacidade á poboación xeral é outros dos obxectivos que COGAMI leva perseguindo dende a súa constitución. A finalidade non é outra que a de sensibilizar aos responsables políticos, aos axentes sociais e á cidadanía en xeral das dificultades que atopan moitas persoas para participar activamente e, en igualdade de condicións, na sociedade.
Contacta
Páxina web: http://www.cogami.es/
Enderezo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Videos / Fotos
Cesta da compra
A túa cesta está actualmente baleira.

COGAMI



