Grupo Consumo GDR-20
Proxectos
As Asociacións
Novas
Outras Axudas
Accesibilidade
ASOCIACIÓN DE MULLERES ESPADELA DE CERDEDO
Nome
ASOCIACIÓN DE MULLERES ESPADELA DE CERDEDO
Historia
A Asociación de Mulleres Espadela nace no ano 2000 prantexándose a tarefa de alondar, devater e traballar sobre a situación da muller nas(s) nosa(s) sociedade(s). Pretendemos con esto reivindica-la igualdade e loitar contra a discriminación de xénero a todo-los niveis.
Espadela sérvenos de canle para o diálogo entre mulleres de distintas xeracións, que habitan espacios diversos -rural, urbano-, e incluso -de xeito puntual- culturas diferentes.
Neste espacio común traballamos pola recuperación e dignificación das nosas tradicións culturais, gastronómicas, etc...
Qué facemos?
Os principais fins da asociación son a realización de actividades culturais e sociais provocando o desenvolvemento das mulleres de Cerdedo.
A parte de realizar viaxes culturais, destacamos a celebración anual da Festa da Vincha de Cerdedo.
Axenda: eventos fixos que fai a Espadela
- Festa da Vincha (ano X)
- Dende hai dous anos, participación en "Feiras Sustentables"
- Diversos actos arredor da situación da muller (celebración do Día da Muller Traballadora...)
- Viaxes culturais (a-lo menos un anualmente)
Contacta
Enderezo de correo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Videos / Fotos
Cesta da compra
A túa cesta está actualmente baleira. Novas ESPADELA
PROGRAMA DA FESTA DA VINCHA
Martes, 09 Febreiro 2010 14:37
NOVAS SOCIOS - ESPADELA
Por décimo ano consecutivo celebramos a Festa da Vincha en Cerdedo, rendendo una homenaxe á tradición gastronómica máis popular do Entroido nestas terras do interior de Galicia. A festa da vincha é un proxecto da Asociación de Mulleres “Espadela” que edición tras edición converteuse na actualidade nun dos eventos sociais e culturais máis salientábeis do municipio, e por mérito propio a festa gastronómica máis antiga, enxebre e tradicional do Concello. As mulleres de Espadela desexamos manter viva a elaboración tradicional deste dóce propio do Entroido, disfrutando da xuntanza entre os veciños e veciñas dos arredores e os numerosos visitantes. A nosa oferta coma sempre é variada: música, oficios tradicionais, concurso de vinchas, conta contos e, por suposto, un bo xantar con productos da época. De xeito especial agradecemos a colaboración de todas as socias, veciños e veciñas, así coma dos concellos de Cerdedo e Pontevedra e demais entidades que fan posible a festa da Vincha Asociación de mulleres Espadela Programa 12.30 h.- Lectura do pregón a cargo de Mariluz Montes Quireza A partir das 13.00 h.- Concurso de vinchas e de doces de antroido Obradoiro de chocolate para nenas e nenos (3,50€, de 13.00 a 13:45h) Xantar: Polbo, churrasco e lacón con grelos a prezos populares 19.00 h.- Teatro: “Se o sei non volvo á casa” (Asociación Vintureira de Parada, Campo Lameiro) Durante todo o día.- Música: Os Chichisos e Os Abrentes de Cerdedo Exposición fotográfica “Dez anos de Espadela”. Obradoiros de oficios artesanais Venda de produtos artesáns e ecolóxicos Proxección da curtrametraxe Mamásunción de Chano PiñeiroFESTA DA VINCHA EN CERDEDO!
Luns, 25 Xaneiro 2010 14:03
A Asociación de Mulleres Espadela de Cerdedo ten o pracer de convidarte á súa X Edición da Festa da Vincha que terá lugar no pavillón de deportes municipal de Cerdedo o vindeiro domingo 14 de febreiro. Coincidindo co décimo aniversario da Asociación e da Festa teremos unha exposición que mostrará ahistoria da asoaciación ó longo destes dez anos Este ano, aparte do xa tradicional Concurso de vinchas contaremos cun novo concurso: Doces de Antroido: filloas, orellas e flores. As bases estarán á vosa disposición expostas en cada aldea ou dispoñedes dun número de teléfono para informarvos Durante todo o día contaremos con música tradicional galega a cargo de "Os Chichisos" e "Os abrentes" de Cerdedo que nos amenizarán a xornada Podes xantar no pavillón xa que contamos con polbo, churrasco e lacón con grelos a prezos populares Teremos á venda doces de antroido e a nosa famosa vincha (¡se non a coñeces tes que vir e probala!) Espadela quere renderlle este ano homenaxe ó director de cine e veciño de Forcarei Chano Piñeiro, coincidindo co 25 aniversario da súa morte, entre outros traballos é o pai da entrañable curtametraxe "Mamasunción" . Teremos a honra de contar este ano con Mariluz Montes Quireza, viúva de Chano, coma pregoeira. A lectura do pregón terá lugar ás 12:00 para inaugura-la festa Contaremos con diversos obradoiros de oficios artesáns e postos de productos ecolóxicos e da terra

ESPADELA



