Web de Ulla Umia Lerez

SLG


Vostede está en: Inicio SLG

As Asociacións

Accesibilidade


SLG

Imprimir
Correo-e
Martes, 30 Novembro 1999 01:00

Nome

Sindicato Labrego Galego - SLG

Historia

O Sindicato Labrego Galego é un proxecto vivo e en marcha hacia unha agricultura labrega, sostible, nun mundo solidario. No IV Congreso do ano 1994, defínense os eixos básicos para conseguir este modelo agrario:

  • Distribución solidária da produción e dos fondos públicos.
  • Mantemento dos máximos postos de traballo na agricultura, poñendo freno ao actual proceso de desaparición da explotación agrária familiar.
  • Remuneración do traballo de produción agrário. Remuneración que deberá vir directamente do prezo percibido polos productos e que deberán reflexar os costes económicos, ecolóxicos e sociais da produción. Os prezos garantirán rendas mínimas para vivir con dignidade do traballo de produción e estarán ligados a volumes de produción. A hora de valorar o traballo, teránse en conta as dificultades obxetivas das zonas desfavorecidas e de montaña. O exceso de produción terá o prezo que marque o mercado mundial e a maiores pagará unha taxa de resorpción.
  • Dar prioridade á política de calidade. Para esto é preciso establecer medidas para limitar a produción industrializada e intensiva e desenvolver unha agricultura ligada á terra. Promover a diversidade territorial dos produtos reforzandoa con programas de identificación e etiquetaxe controlados.
  • Proteción do medio natural na produción agrária. Para esto hai que establecer unha política agrária que: deixe de primar o productivismo e que valore a conservación do medio como un coste obligado. Esta valoración debe incluirse na remuneración do produto.
  • Que manteña a diversidade xenética das especies animais e vexetais, para o cal é imprecindíbel poñer freno á política das agroindustrias no seu intento de patentar o uso das mesmas.
  • Poboación agrária e vida rural. Para manter un medio rural vivo, é necesário potenciar, no marco dun desenvolvemento rural que teña como eixo fundamental a produción agro-gandeira, actividades socieconómicas diversas, a mellora das infraestructuras así como a dotación de máis servicios sociais.
  • A descentralización do poder sobre a política agrária. Bruxelas e Madrid deben establecer unha PAC que sexa o suficientemente flexíbel para aceptar e potenciar a singularidade e diversidade da nosa agricultura.
  • Estatuto do labrego e da labrega, que estableza os deberes e garanta dereitos xurídicos e sociais tales como:
    • Dereito a producir,
    • Dereito a vivir do noso traballo,
    • Dereito a un futuro garantido,
    • Equiparación dos dereitos sociais,
    • Deber de preservar o medio natural,
    • Dereito e deber de ocupar un espacio...

A nivel internacional o Sindicato Labrego Galego forma parte da Vía Campesina (Movemento a nivel mundial de labregos e labregas) e da Coordinadora Europea - Vía Campesina (CE-VC). Por outra parte, a nivel estatal o SLG ten un convenio de colaboración coa Coordinadora de Organizacións de Agricultores e Gandeiros (COAG).
 

Qué facemos?

  1. Acadar o desenvolvemento profesional, cultural e económico dos labregos.
  2. Acadar un modelo agrario baseado na soberanía alimentaria.
  3. Acadar a valorización  do medio rural galego tendo en conta os principios activos cos que conta: as persoas e os recursos naturais.
  4. Acadar a igualdade real entre homes e mulleres  así como a titularidade compartida das explotacións.

Contacta

 http://sindicatolabrego.com

Videos / Fotos

 

Última actualizaciónfeita en Martes, 10 Novembro 2009 10:34
 

Cesta da compra


Cesta vacia A túa cesta está actualmente baleira.

entrar_tenda.jpg

Novas SLG

Eventos SLG

Abril 2012
Maio 2012
Lu Ma M& Xo Ve S& Do
1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31

 Logotipo do Programa FEADER  Logotipo da Conselleria do Medio Rural   AGADER: Axencia Galega de Desenvolvemento Rural   Logotipo do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino  Logotipo do FEADER: Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural  
© GDR ULLA UMIA LÉREZ CENTRO COMARCAL DE TABEIROS-TERRA DE MONTES  / Estrada PO-841, S/N, Toedo / 36682 A Estrada Pontevedra

Logotipo que simboliza o cumplimento da Normativa W3C CSSLogotipo que simboliza o cumplimento da Normativa W3C XHTML 1.0Logotipo que simboliza o cumplimento da Normativa W3C de accesibilidad Nivel AA

Tlfn: 986570458
Web: www.ullaumialerez.eu
Email:secretaria@ullaumialerez.eu
Aviso Legal
Diseño Web:Iterdata Networks